Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 20 de xuño de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, afirmou hoxe que “a Xunta está a ofrecer aos concellos ferramentas efectivas para que poidan alcanzar un modelo de xestión dos seus residuos adaptado ás esixencias europeas e estatais, pero respectando sempre a competencia municipal nesta materia”.
Santiago, 20 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta para que, tan pronto teña aprobado definitivamente o proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte, remita ao Ministerio de Fomento o estudo técnico que se ten realizado sobre a viabilidade da execución dunha nova conexión desde esta vía de altas prestacións ata o parque empresarial de Vimianzo. Así mesmo, demándase ao Goberno central a execución desta nova conexión co polígono de Vimianzo, como é o seu deber e responsabilidade ao tratarse dun parque empresarial dependente de Suelo Empresarial del Atlántico, unha sociedade participada na súa maioría polo Ministerio de Fomento.
Santiago, 19 de xuño de 2019. O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, destacou hoxe en rolda de prensa que a nosa Comunidade é a que presenta maior accesibilidade no seu Sistema Universitario, sinalando que “Galicia conxela por noveno ano consecutivo os prezos das matrículas universitarias de graos e de másteres habilitantes”.
Santiago, 18 de xuño de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través das que se demanda á Xunta para que, en colaboración coa Fegamp, fomente a constitución de parques públicos de vivenda en alugueiro social nos concellos de menos de 20.000 habitantes; e se manifesta o apoio do Parlamento galego á proposición de lei orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal rexistrada polo PP no Congreso. Así mesmo, a Xunta de Portavoces acordou a celebración dun Pleno extraordinario para a elección dos senadores en representación da Comunidade galega, fixando de prazo ata o vindeiro venres, 21 de xuño, para o rexistro de candidatos por parte do Grupo Popular e En Marea.
Santiago, 18 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central que teña en conta os aspectos formulados polo sector pesqueiro galego para a mellora da regulación dos intercambios de cota, de forma que permitan un mellor aproveitamento das posibilidades de pesca ao tempo que non se prexudique ao sector de artes menores.
Santiago, 18 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a poñer en coñecemento do Goberno central e da Comisión Europea o quebranto que supón para a frota galega o feito de que se inclúa ao marraxo entre as novas especies coas que se busca reforzar a protección e conservación de especies migratorias.
Santiago, 18 de xuño de 2019.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, insistiu hoxe no Parlamento que “a Xunta de Galicia cumprirá estritamente a lexislación vixente, aprobada polo Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas, para a posible autorización da reapertura da mina de Touro”.
Santiago, 17 de xuño de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, avanzou hoxe que Jackeline Fernández Macías será a nova deputada do Grupo Popular pola provincia de Ourense, en substitución de César Fernández Gil, que foi nomeado este sábado alcalde de Ribadavia.
Santiago, 17 de xuño de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, asegurou Hoxe que o acordo acadado entre o Partido Popular de Galicia e Democracia Ourensana “é moi positivo para os intereses de Ourense, xa que garante gobernos estables, gobernos centrados no crecemento económico e gobernos preocupados pola mellora dos servizos públicos tanto no concello con en toda a provincia”. Neste sentido, criticou que o Partido Socialista rexeitara a proposta realizada polo PPdeG para que gobernara a lista máis votada nos concellos e deputacións galegos, polo que asegurou que “o único culpable de que o PSOE non goberne o concello de Ourense é o propio Partido Socialista; e os únicos culpables de que Rafael Villarino non sexa o alcalde Ourense son o propio Rafael Villarino e Gonzalo Caballero”.