Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 14 de noviembre de 2019.- Elena Muñoz Fonteriz e Jesús Vázquez Abad son as persoas que o Grupo Popular volveu rexistrar hoxe como candidatos a senadores en representación da Comunidade galega, logo de que xa resultaran elixidos polo Parlamento galego o pasado 25 de xuño. A súa nova designación terá lugar no Pleno específico que se celebrará o vindeiro martes, 25 de xuño.
Santiago, 14 de novembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo manifestou hoxe “o compromiso da Xunta por estender a prestación de servizos sociais a todo o territorio galego, fundamentalmente ao medio rural e máis en concreto á montaña lucense”. Neste sentido, salientou a posta en marcha das casas do maior, as casas niño ou o servizo de axuda no fogar.
Santiago, 14 de novembro de 2019.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, salientou hoxe no Parlamento que “máis de 6.500 profesionais traballan nos servizos sociais en Galicia, logo dun incremento do 10,3 por cento nos últimos dez anos”.
Santiago, 13 de novembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central que asuma a proposta de Estatuto para os Consumidores Electrointensivos elaborada polo Goberno galego e que adopte todas as medidas previstas de maneira inmediata en tanto que a situación dos 5.000 empregos que en Galicia dependen da industria electrointensiva é crítica, moi especialmente daqueles que dependen da factoría de Alcoa en San Cibrao.
Santiago, 13 de novembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo considerou hoxe “imprescindible que o Goberno central elimine a taxa de reposición de profesionais na sanidade pública, de tal xeito que poidan ser ofertadas por cada comunidade autónoma todos os postos que as necesidades asistenciais están a demandar”.
Santiago, 13 de novembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central que confirme o compromiso adquirido polo anterior Goberno de Mariano Rajoy de impulsar a autovía de novo trazado entre Vigo e O Porriño, ben a través do Plan extraordinario de investimentos en estradas como estaba previsto ou, no seu caso, pola vía orzamentaria.
Santiago, 13 de novembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que o proxecto de Cidade Deportiva do Celta de Vigo en Mos “só sairá adiante se cumpre escrupulosamente a legalidade vixente”. Así mesmo, criticou que o Grupo Común da Esquerda “traslade ao Parlamento galego unha proposta para incumprir a lei, antepoñendo os intereses dun grupo político sobre a vontade dos veciños de Mos”.
Santiago, 12 de novembro de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, incidiu hoxe no Pleno do Parlamento que “a Vía Ártabra, como todas as autovías que ten feito o Goberno de Feijóo nos últimos dez anos, é libre de peaxe, e será o Goberno central o que terá que decidir se se cobra peaxe aos vehículos que posteriormente circulen pola     AP-9”.
Santiago, 12 de novembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, criticou hoxe no Parlamento que os socialistas galegos “pidan no Pleno un incremento do 5 por cento no orzamento para atención primaria sanitaria cando os orzamentos da Xunta para 2020 xa recollen un incremento do 9 por cento”.