Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 3 de maio de 2019.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado esixiu hoxe no Parlamento ao  Goberno do Estado que, unha vez que a Xunta rematou o saneamento integral das aglomeracións urbanas no ámbito das súas competencias, dote de orzamento suficiente o proxecto de dragado da ría do Burgo, para o que urxe que axilice as xestións ante a Unión Europea de cara a que aqueles fondos comunitarios que, por prazo, sexan inexecutables, se poidan reasignar a financiar esta actuación na ría.
Santiago, 2 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se lle solicita ao Goberno Central retomar os criterios de distribución dos fondos ás comunidades autónomas para políticas activas de emprego, nos que se primaba ás comunidades que como Galicia están a impulsar programas pioneiros e innovadores que favorecen a creación de emprego estable e con futuro.
Santiago, 2 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno do Estado que leve a cabo as actuacións oportunas para garantir unha maior simplicidade e axilidade na tramitación das prestacións por risco durante o embarazo en favor de mariscadoras, percebeiras, redeiras e traballadoras da pesca artesanal, ben sexa o Instituto Social da Mariña ou as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.
Santiago, 2 de maio de 2019.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, asegurou hoxe que a causa do conflito coas traballadoras do servizo de axuda no fogar de Forcarei “é totalmente allea ao Concello, xa que é consecuencia da mala xestión da empresa concesionaria que provocou a súa quebra e a apertura dun concurso de acredores”.
Santiago, 2 de maio de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou hoxe no Parlamento o incremento nun 33 por cento do persoal da área sanitaria do Salnés, ao que se sumou máis de dez millóns de euros en equipamento e reforma do hospital.
Santiago, 2 de maio de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo salientou hoxe no Parlamento que a incorporación dun novo cirurxián pediátrico ao Hospital de Ourense hai agora un ano permitiu que este servizo recuperara a súa normalidade, conseguindo unha redución da lista de espera cirúrxica dun 50 por cento e do tempo de espera medio dun 35 por cento.
Santiago, 1 de maio de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento de Galicia da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda aos concellos galegos a elaboración de plans de emerxencia ante situacións de seca, así como levar a cabo as actuacións necesarias na rede municipal de abastecemento para solucionar os problemas existentes e evitar a perda de auga na rede.
Santiago, 30 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular, En Marea e o Grupo Socialista, a través da que se insta á Xunta de Galicia á posta en marcha dunha campaña para fomentar a sensibilización e o coñecemento da lexislación vixente en materia de integración das persoas con discapacidade na empresa privada.
Santiago, 30 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno do Estado a que retire a redacción actual da modificación do regulamento da Lei de Costas por non axustarse á normativa vixente e que na nova tramitación que se acometa se dea un prazo axustado de alegacións para que toda a cidadanía e os sectores afectados poida presentar as súas reclamacións.