Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 10 de xuño de 2019.- O Grupo Popular insistirá no Pleno desta semana na reclamación ao Ministerio de Xustiza para que, de xeito inmediato, rectifique a súa proposta de novos xulgados para Galicia en 2019 e inclúa a creación dun novo xulgado do social en Lugo. O viceportavoz popular, Miguel Tellado, apuntou esta mañá que “tamén pediremos ao Goberno central que impulse os cambios normativos necesarios para mellorar o sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar.
09, xuño, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, insta a Gonzalo Caballero a que aclare dunha vez se está disposto a asumir as mesmas regras de xogo á hora de formar goberno no concello de Ourense e na Deputación provincial:  “O PSdeG defende que debe gobernar no concello de Ourense e nós, coa mesma argumentación, que o PPdeG debe gobernar na Deputación”.
Santiago, 7 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a remitir a esta Cámara antes de finalizar a actual lexislatura o Plan de Arquivos, previsto la Lei 7/214 de arquivos e documentos de Galicia.
Santiago, 5 de xuño de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco demandou hoxe no Parlamento que o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) intensifique as súas axudas dirixidas ao sector agrícola primario para a mellora da eficiencia e o aforro enerxético, así como para o fomento das enerxías renovables.
Santiago, 5 de xuño de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia “xa conseguiu que a empresa Iberdrola manteña o emprego na comarca de Valdeorras, logo de que a empresa eléctrica se comprometera a minimizar o impacto do proceso de reorganización no centro de operacións que ten na zona, garantindo a continuidade de todos os traballadores”, tal e como confirmou o pasado 16 de maio o director xeral de Enerxía e Minas nunha comparecencia no Parlamento galego.
Santiago, 5 de xuño de 2019.- A portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero, salientou hoxe no Parlamento que o  decreto 12/2017 polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade galega “está conseguindo ordenar con éxito este sector brindando un marco de seguridade e loitando contra a competencia desleal sen restar competitividade ao sector hoteleiro”. De feito, salientou que “a demanda turística nos establecementos tradicionais está a medrar un 5 por cento e a rendibilidade hoteleira é hoxe a máis alta da década”.
Santiago, 5 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a crear un órgano colexiado de carácter consultivo e participativo entre a Administración Autonómica e as entidades locais galegas co obxectivo de procurar a máxima coordinación, cooperación e participación nas materias que afecten á protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, desenvolvendo a Lei 2/2012 galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.
5, xuño, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que a humildade nas vitorias “é o que nos diferenza dos que celebran as súas derrotas", insistindo en que os populares só coñecen unha receita para acadar o éxito: “Humildade, esforzo e defensa dos intereses da nosa Comunidade e dos nosos veciños e veciñas”.
Santiago, 5 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular, Grupo Socialista e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Concello de Abadín que proceda á subsanación dos efectos negativos das obras realizadas que imposibilitan o acceso á súa vivenda dunha persoa con discapacidade no lugar de Couto na parroquia de Abeledo.