Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

21, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou nun mitin celebrado en Lugo que é necesario un novo impulso para esta cidade e, para acadalo, pediu un voto masivo para Ramón Carballo, “o candidato que quererían ter todos os partidos”.
21, mayo, 2019.  El candidato gallego al Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon, participó esta mañana en un desayuno informativo celebrado en Compostela bajo el título “O Camiño de Santiago en Europa cara ao Xacobeo 2021”, donde presentó sus propuestas de apoyo al próximo Año Santo.
20, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que os candidatos do PPdeG gobernarán sendo libres e só debéndose aos seus veciños, o que garantirá mellores alcaldes e gobernos que unicamente renderán contas ante os cidadáns e non ante os concelleiros aos que lles debe a alcaldía: “Nós queremos un alcalde que non lle deba nada a ningún partido político, senón que llo deba todo aos seus veciños”.
Santiago, 21 de maio de 2019.- O Grupo Popular demandará ao Goberno do Estado no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana que impida o impacto negativo que terá para o sector pesqueiro galego, e o porto de Vigo especialmente, a instrución ditada para a importación de pesca conxelada ou procesada, que provocou a paralización de contedores e o seu desvío a Portugal.
20, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu un voto masivo a José Manuel Rey para que Ferrol teña un goberno de moitos ferroláns e non de moitos partidos que o paralizan.
Santiago, 20 de maio de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe que a nova Lei de administración dixital de Galicia “permitirá consolidar unha administración galega totalmente dixital e universalizar o uso e acceso da cidadanía aos servizos públicos dixitais”.  
19, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto para o Partido Popular, xa que votar PSOE é votar Mareas e BNG nos gobernos dos concellos, polo que salientou que o único modo de evitar que estes partidos se repartan os concellos é votando aos candidatos do PPdeG.
18, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que “tanto monta, monta tanto, votar PSOE como ás Mareas de Podemos e ao BNG” e que a alternativa para que haxa en todos os concellos galegos gobernos unidos e que traballen polos seus veciños se chama Partido Popular. Así, destacou que o próximo 26 de maio haberá moitas papeletas distintas nos colexios electorais, pero só un partido de goberno: o PP.
17, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que, fronte ao PSOE que depende do que digan as Mareas de Podemos ou o BNG, “o Partido Popular só depende dos veciños”.