Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Cuestións fundamentais no ámbito económico e de rexeneración nos plenos desta semana

22 Dic 2015



PUY SALIENTA A APROBACIÓN ESTA SEMANA EN PLENO DE CUESTIÓNS FUNDAMENTAIS NO ÁMBITO ECONÓMICO E DE REXENERACIÓN E IMPULSO DEMOCRÁTICO, COMO OS ORZAMENTOS DA XUNTA E A LEI DE TRANSPARENCIA



·    Cualificou a Lei de transparencia como unha das “máis relevantes da lexislatura e moi ambiciosa, incluída no plan de impulso democrático anunciado por Feijóo a comezos de ano”



Santiago, 21 de decembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que os tres plenos que se celebran mañá e o mércores permitirán aprobar dúas cuestións fundamentais no ámbito da política económica e de rexeneración e impulso democrático”, como son os orzamentos da Xunta para 2016 e a nova Lei de transparencia e bo goberno de Galicia.



Puy explicou que a primeira das sesións plenarias desenvolverase ao longo de toda a xornada de mañá e permitirá debater a aprobar definitivamente os orzamentos da Xunta para 2016. Respecto das contas públicas, apuntou que “supoñen un xiro importante dado o seu carácter expansivo ao subir o gasto público, fundamentalmente o gasto social, e o investimento, e ao mesmo tempo introducir, a través da Lei de medidas fiscais e administrativas que se aprobará no Pleno ordinario do mercores, unha serie de rebaixas fiscais que poñen a Galicia entre as comunidades que menor presión fiscal teñen no imposto sobre a renda, na que o 99 por cento das persoas non tributarán polo imposto de sucesións e se introducen novos incentivos fiscais para a transmisión de fincas rústicas no rural”.



Así mesmo, o portavoz popular indicou que a xornada parlamentaria do mércores dará comezo coa sesión plenaria específica para a designación dos tres senadores en representación da Comunidade autónoma, dos que dous corresponden ao Grupo Popular e un ao Grupo Socialista.



ACEPTACIÓN DE EMENDAS DA OPOSICIÓN



A continuación celebrarase o último pleno  ordinario, no que, xunto co debate e aprobación da Lei de medidas na que se recollen as rebaixas fiscais que acompañan aos orzamentos, tamén se procederá á aprobación da Lei de Transparencia e Bo Goberno, “unha norma das relevantes desta lexislatura e moi ambiciosa que fora incluída polo Presidente no su plan de impulso democrático presentado a comezos do ano”.



Pedro Puy concretou que esta Lei de transparencia suporá un “incremento exponencial da información dispoñible pola cidadanía, que permite incrementar o control cívico dos fondos, ao tempo que se establece un réxime de incompatibilidades máis claro e esixente para altos cargos e se regula o traspaso de poderes entre gobernos”.



No que atinxe ás emendas presentadas polos grupos a este texto lexislativo, Puy manifestou que, a parte das emendas do Grupo Popular, que crean unha autoridade para a vixilancia do cumprimento da lei, que recaerá na Valedora do Pobo, “se incorporan emendas dos outros grupos: case a metade de PSOE e BNG, e unha parte importante do Grupo Mixto e de AGE”.

Síguenos nas redes sociais