Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Tellado presenta o lema común do PPdeG para os seus congresos provinciais e autonómic

26 Feb 2016
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016.- O voceiro dos populares galegos, Miguel Tellado, presentou esta mañá o lema común dos vindeiros cinco congresos que celebrará nos próximos meses o PPdeG: “As persoas no centro”.

Así, o portavoz recordou que este foi tamén o título da ponencia política que os populares presentaron o pasado mes de outubro e que respondía á necesidade renovar equipos, actitudes e políticas. Deste xeito, puxo de manifesto que a elección do mesmo lema é unha maneira de trasladar á cidadanía que os congresos están dentro dese mesmo proceso, que consideran que debe ser o eixo da súa forma de facer política.

Tellado explicou que, no caso dos congresos provincias, esta frase principal irá acompañada dun sublema que elixirá cada unha das provincias  “deixando claro que no PPdeG, de abaixo a arriba, compartimos os mesmos obxectivos”.

O voceiro salientou que están a cumprir o mandato cidadán de renovación cun proceso sen precedentes que viven con total naturalidade e a madurez democrática do partido sólido e estable ao que pertencen. 

Segundo sinalou, os congresos -que se celebrarán o día 5 de marzo en Ourense, o 6 en Lugo, o 12 en A Coruña e o 13 en Pontevedra-, forman parte do camiño da recuperación electoral que iniciou o partido tralas pasadas eleccións municipais de 2015.

Ademais, engadiu que o feito de que na metade das provincias conten con dúas candidaturas supón un debate interno que é san, saudable e positivo.

“Nós estamos a vivir o maior proceso de renovación interna do partido pero non estamos pensando en redescubrir quen somos como fai o BNG; nin pendentes de explicar aos cidadáns por que non temos un grupo parlamentario propio como fan as Mareas, nin atentos a que outros pacten por nós ou decidan o futuro do secretario xeral do partido como lle ocorre ao PSOE”, recalcou.

Nesa liña, o voceiro subliñou que o PPdeG ten que renovarse de forma continua para seguir mantendo o respaldo maioritario da cidadanía e lembrou que, trala ponencia, en Galicia xa se manifestou a recuperación de apoio nas pasadas eleccións xerais, nas que conseguiron mellores resultados que nas municipais de maio e unha media de voto superior ao conxunto do Estado.

MANIFESTACIÓNS PARTIDISTAS CONTRA O GOBERNO
Na súa comparecencia en rolda de prensa, Tellado tamén aproveitou para recordar que, se a semana pasada xa consideraban grave que determinados partidos usasen os recursos das administración públicas de algúns concellos para fomentar e sufragar manifestacións contra o Goberno galego polo anteproxecto de lei de Acuicultura, aínda lles parece peor que continúen coa protesta logo de que xa se anunciase a retirada deste texto.

“Estase a facer unha utilización partidista deste conflito por parte dos partidos da esquerda e da esquerda radical, usando aos homes do mar de forma interesada para facerlle oposición ao Goberno galego”.

Así mesmo, o voceiro pediu  ao PSOE que “se quere facer unha protesta, que a convoque e a organice cos recursos do seu partido e non dos concellos nos que goberna, sufragando así actos dunha campaña electoral que consideramos que comeza demasiado pronto para os partidos da esquerda”.

FERROL
Tellado tamén se referiu ao acontecido onte no pleno de Ferrol, onde se aprobaba unha moción do PP que botaba por terra a decisión do alcalde, Jorge Suárez, de retirar o busto do Rei emérito da fachada do Concello.

“O pleno, cos votos do PP, co voto da única concelleira de Ciudadanos, e coa abstención do PSOE e do BNG, permitiu reprobar a política de xestos do alcalde de Ferrol amosando unha nova brecha no seo do bipartito na cidade”, dixo Tellado ao tempo que celebraba o cambio de postura do PSOE, que axudou a evidenciar as súas diferenzas con Podemos e unha nova división do Goberno municipal.







Síguenos nas redes sociais