Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Tellado: “O reto de Pontón é non ser a última portavoz nacional do BNG"

29 Feb 2016
Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, desexou sorte á nova voceira nacional do BNG, Ana Pontón, elixida onte para liderar a formación nacionalista. O dirixente popular cre que o nacionalismo é unha realidade minguante en Galicia pero que, mentres haxa persoas que manifesten ese sentimento, é necesario que as súas ideas estean representadas por un partido forte e coherente.
 
Tellado considera que Pontón ten ante si o reto non de ser a nova voceira do Bloque, senón de non pasar á historia por ser a última persoa en ocupar ese posto no BNG. Por iso, invitou aos nacionalistas a recuperar a súa identidade como partido; aquela que lles levou a ser a segunda forza política de Galicia.
 
Ademais, lembroulles que cando decidiron facer seguidismo do PSOE –principalmente con Zapatero en Madrid e nos tempos previos ao bipartito en Galicia- foron fagocitados polos socialistas; e cando optaron por imitar a AGE, dende 2012, os seus apoios mudaron e foron a parar ás Mareas tanto nas municipais como nas xerais de 2015.
 
O voceiro dos populares pide a Pontón que recupere a autenticidade dos plantexamentos do BNG que, si ben non son compartidos polo PPdeG, si deben ser recoñecibles para unha sociedade galega que leva tempo sen entender os pasos que da o Bloque.
 

Síguenos nas redes sociais