Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo instalou onte o seu ‘Faladoiro’ na Plazuela de Pontecesures

28 Jul 2016

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016.- O presidente dos populares galegos Alberto Núñez Feijóo mantivo onte un encontro coa veciñanza do concello de Pontecesures.

Así, o presidente do PPdeG instalou na Plazuela o seu banco ou ‘faladoiro’ co que está a percorrer Galicia para sentarse a conversar coa veciñanza para escoitar as súas inquedanzas así como a urna no que estas persoas poden depositar, do seu puño e letra, as súas propostas de actuacións para o próximo goberno galego.

Polo seu banco pasaron numerosos veciños e veciñas da localidade interesados en falar de ti a ti co líder popular. Do mesmo xeito, aproveitou para saudar ás persoas que se atopaban pasando a tarde nos bancos e nas terrazas da praza, así como para achegarse aos rapaces que alí xogaban.

Este encontro forma parte da xira ‘A Galicia que ti queres’ deseñada polo Partido Popular de Galicia para fomentar o contacto directo de Feijóo coas galegas e os galegos e para recibir as súas propostas e achegas de cara á elaboración do vindeiro programa electoral.

Síguenos nas redes sociais