Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo percorre a Costa da Morte para coñecer as propostas dos veciños

30 Jul 2016
  • Unha vez máis, un gran número de veciños achegáronse ata o banco azul para sentar co candidato do PPdeG e trasladarlle as súas inquedanzas

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2016.-O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, percorreu onte a Costa da Morte para interesarse polas necesidades dos veciños de Muxía, Vimianzo, Camariñas e Fisterra e coñecer en primeira persoa as súas propostas.

A xira que está a levar a cabo o líder dos populares galegos por tódolos recunchos da xeografía galega situouse onte no noroeste da comunidade, onde Feijóo se centrou, unha vez máis, no contacto directo a pé de rúa coa cidadanía.

Unha vez máis, un gran número de veciños achegáronse ata o banco azul para sentar co candidato do PPdeG e trasladarlle as súas inquedanzas, que tamén tiveron ocasión de depositar por escrito nunha urna que os populares empregarán para deseñar o seu programa electoral de cara ás eleccións autonómicas.

O líder dos populares galegos continuará o seu percorrido polos concellos galegos durante as vindeiras semanas co fin de sumar o máximo número posible de propostas dos galegos e galegas para, deste xeito e entre todos, poder seguir deseñando na vindeira lexislatura “a Galicia que ti queres”, como reza o lema desta xira.

Síguenos nas redes sociais