Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo pide traballar coa máxima enerxía ata o 25-S para que Galicia siga avanzando

24 Ago 2016

Lugo, 24 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu ao seu equipo traballar coa máxima enerxía nas próximas semanas ata o vindeiro 25 de setembro para que Galicia non perda tampouco a súa e poida seguir avanzando.

Tal e como asegurou o dirixente, mentres hai outras formacións que teñen como máxima ambición ser a segunda forza política ou que aspiran a non desaparecer, a aspiración do PPdeG é seguir mellorando a nosa comunidade.
O presidente, que participou esta mañá na Xunta Directiva do PP de Lugo na que se fixo a presentación da candidatura desa provincia ao Parlamento galego, puxo en valor que hai unha grande maioría de galegos que quere que os populares gañen e que gobernen.
Para lograr acadar este obxectivo, Feijóo incidiu na importancia de que esa maioría se manifeste nas urnas. Nese senso, insistiu en que á maioría de galegos que queren un goberno estable, responsable e inconformista só lle vale a opción do Partido Popular de Galicia, de igual modo que os populares tamén son a única papeleta para evitar que a suma de catro ou cinco partidos impidan ese goberno.
Por este motivo, o líder dos populares galegos recalcou que o que debe facer o seu partido é seguir falando cos cidadáns, recordarlles o que fixeron, o que queda por facer, falar claro das consecuencias de cada voto e pedir a confianza con humildade, pero coa seguridade de que son a mellor alternativa para Galicia.

EQUIPO UNIDO EN GALICIA E A GALICIA


“No PPdeG marcamos a diferenza, e somos o único equipo unido en Galicia, e unido a Galicia”, afirmou Feijóo recoñecendo que a nosa comunidade é o que une e o que motiva aos populares.

Neste sentido, engadiu que se sinte orgulloso de encabezar a lista “do único proxecto que sente Galicia, que pensa en Galicia e que fai esta campaña desde Galicia”.

Así mesmo, salientou que tamén se sinte orgulloso de que non haxa ningún compañeiro mirando de reollo a outro, nin persoas pedindo que organicen as listas desde Madrid ou perdendo o tempo en “puentearse” uns aos outros como ocorre noutros partidos, xa que os únicos problemas que deben ocupar aos populares son os que preocupan no día a día aos cidadáns.

TRABALLANDO POR E PARA A COMUNIDADE

Durante a súa intervención, o dirixente destacou que falar coa cidadanía é o primordial, algo que os populares saben ben porque tamén o fan cando non están en campaña.  “Nós non temos que coñecer Galicia nun curso rápido nin temos que darnos a coñecer porque levamos todo este tempo traballando por ela e con ela”, dixo.Nese sentido, recordou cando percorreu todos os concellos como líder da oposición, cando quixo manter encontros de ti a ti ao ser elixido presidente da Xunta e como agora, que decidiu volver presentarme, volveu novamente a percorrer as comarcas galegas.
Ademais, fixo fincapé na importancia de “facer balance cos cidadáns seriamente” para explicarlles que estiveron loitando contra a crise e lograron comezar a superala, que adoptaron algunhas decisións que non gustaron a todos porque preferiron desgastarse eles antes que ao país, ou que os datos positivos que hai agora danlles a razón.
Malia isto, Feijóo admitiu que non se conforma con que en Galicia creza e mellore a economía, os servizos públicos, os sectores estratéxicos ou as oportunidades ás familias porque “non me presento ás eleccións negando o que entre todos logramos en Galicia senón afirmando o que nos queda por facer”.
Segundo apuntou, a proposta do PPdeG é seguir avanzando cara o futuro e sumar a favor de Galicia, cun “proxecto para que os próximos catro anos Galicia siga mellorando con maior intensidade”.

Síguenos nas redes sociais