Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

A Xunta sobe un 40% os fondos a programas de emprego en entidades sen ánimo de lucro

24 Nov 2016

Feijóo destacou hoxe que a Xunta vai destinar 4 millóns de euros a 21 programas integrados de emprego en entidades sen ánimo de lucro co fin de lograr a reinserción de 1.725 persoas desempregadas. Isto supón un crecemento de máis do 40% do importe destas axudas respecto a 2015.

 

Como lembrou o titular da Xunta, estes programas son unha das ferramentas da Axenda 20 para o Emprego que ten como obxectivo que para o final da lexislatura a taxa de paro estea no entorno do 10%, con entre 80.000 e 100.000 novos empregos e coa creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos.

 

Os participantes dos programas integrados recibirán durante 12 meses orientación e asesoramento laboral, ademais de formación e a posibilidade de realizar prácticas en empresas. Como novidade, segundo subliñou Feijóo, este ano tamén poderá acceder ao programa a poboación activa galega que resida fóra de Galicia.

 

Por outra banda, sinalou que estes 21 programas integrados en entidades sen ánimo de lucro súmanse aos 28 xa postos en marcha nos concellos. Entre ambos os dous plans suman xa un importe de case 7 millóns, un 20% máis que o ano pasado.

 

“Levamos 36 meses consecutivos de diminución da taxa de paro a nivel interanual e queremos, loxicamente, seguir por este camiño”, sentenciou o presidente da Xunta.

Síguenos nas redes sociais