Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular apoia a continuidade da tramitación da ILP sobre pobreza enerxética

02 Dic 2016

 

Santiago, 2 de decembro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe na Comisión 6ª a continuidade da tramitación da iniciativa lexislativa popular sobre pobreza enerxética, “aínda que este tipo de propostas lexislativas, a diferenza dos demais proxectos ou proposicións de lei, xa continúan a súa tramitación dunha lexislatura para outra, logo da modificación da lei realizada o pasado ano a iniciativa do PPdeG”, explicou o viceportavoz Miguel Tellado.

 

Na súa intervención, Tellado amosou a súa sorpresa porque o deputado socialista “defendera nesta Comisión unha proposición de lei reclamando a tramitación desta ILP cando xa está previsto de acordo coa propia Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá, aprobada polo Parlamento galego o pasado ano, e a propia Mesa do Parlamento xa trasladou aos portavoces parlamentarios o acordo para retomar a tramitación desta norma”.

 

“Ademais, non deixa de ser sorprendente que aqueles que xeraron a complexa situación que padeceu o sector enerxético en España e que motivaron que todos os consumidores se empobreceran durante o último mandato socialista, veñan hoxe a falar de pobreza enerxética”, sinalou Miguel Tellado.

 

En concreto, lembrou que naquela época a factura eléctrica se incrementou un 63 por cento e o déficit de tarifa ascendeu a 30.000 millóns de euros, “o que obrigou ao Goberno do Partido Popular a afrontar unha reforma do sector necesaria e imprescindible”.

 

PREOCUPACIÓN DO PPDEG

 

O portavoz popular salientou que desde o PPdeG “amosamos sempre a nosa preocupación polos casos de pobreza enerxética” e deste xeito “en Galicia puxéronse en marcha medidas para paliar a situación que padecen os consumidores máis vulnerables”.

 

Así, lembrou a creación do ticket eléctrico social en 2014, que xa beneficiou a 6.000 para contribuír ao pago da factura da luz; ao que se suma outra medida orientada a evitar os cortes de subministro eléctrico por impago ás familias, coa que o Goberno galego xa ten axudado a preto de 900 fogares.

Síguenos nas redes sociais