Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O GPP anima a En Marea a "sumar esforzos para ofrecer solucións ás familias" na loita contra a pobreza

13 Dic 2016

 

Santiago, 13 de decembro de 2016.- A portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez Arias, animou hoxe aos responsables de En Marea a “sumar esforzos para ofrecer solucións ás familias” na loita contra a pobreza e a exclusión social. Neste sentido, demandou que “revisen o seu modelo social” e criticou que “veñan ao Parlamento sen ter coñecemento das políticas sociais da Xunta de Galicia”.

 

Rodríguez Arias lembrou que tanto a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), como o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Valedora do Pobo ou o Consello da Avogacía Galega “prestan o seu apoio á loita contra a pobreza e a exclusión social, polo que demandou á oposición a “sumar esforzos” logo de que os datos do Ministerio de Facenda revelaran que os concellos galegos máis pobres en servizos sociais son os gobernados por En Marea e o BNG.

 

MEDIDAS XA EN MARCHA

 

Na súa intervención, a portavoz popular fixo un repaso polas principais medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia na loita contra a pobreza e a exclusión social. En concreto, a Estratexia de Exclusión Social, posta en marcha en 2014 de xeito consensuado coas entidades sociais, a Fegamp, os colexios profesionais e os axentes sociais, incorpora máis de 300 medidas e un orzamento superior aos 520 millóns de euros.

 

Ademais, a Axenda Social de Galicia, asinada en agosto de 2016 pola Xunta coa FEgamp e as entidades sociais, inclúe actuacións de apoio á renda, contra a pobreza enerxética, atención á dependencia, contra os desafiuzamentos, a pobreza infantil e de apoio aos concellos e entidades sociais.

 

LOITA CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS

 

Marta Rodríguez lembrou que a Xunta conta desde 2013 cun programa para loitar contra os desafiuzamentos, que incorpora o bono alugueiro social e beneficiou a máis de 6.000 familias galegas. Neste sentido, demandou aos deputados de En Marea a que “falen cos seus alcaldes para que se sumen ao programa de vivendas baleiras, que mobiliza vivendas desocupadas co fin de destinalas a alugueiro social”.

 

A portavoz popular tamén se referiu á Risga que, coa nova Lei de Inclusión Social aprobada en 2013, “é máis integradora e compatible coas rendas obtidas por un traballo, co obxectivo de que a xente se integre laboralmente elaborando un itinerario personalizado para cada un dos galegos”.

Síguenos nas redes sociais