Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento aproba instar a Fomento que priorice investimentos para facilitar a conexión de Lugo cos servizos de alta velocidade ferroviaria

28 Dic 2016

Santiago, 28 de decembro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta ao Ministerio de Fomento para que priorice os investimentos que garantan a modernización e faciliten a conexión de Lugo cos servizos de alta velocidade ferroviaria. “Lugo non pode quedar illada e á marxe das vantaxes e os efectos loxísticos e económicos que a alta velocidade produce alí onde chega”, sinalou a deputada popular Julia Rodríguez, quen lamentou que En Marea e BNG non apoiaran esta iniciativa.


 

A proposta aprobada polo Pleno do Parlamento insiste na necesidade de acometer, no menor prazo de tempo posible, un proceso de modernización na liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, a través de Monforte, que dote aos cidadáns da provincia de mellores prestacións e de servizos máis útiles, eficientes e competitivos, así como mellor adaptados ás súas necesidades.

 

Así mesmo, solicita ao Ministerio de Fomento unha planificación estratéxica que permita avanzar neste obxectivo de modo firme e constante, establecendo fases sucesivas para o desenvolvemento das actuacións e fixando as anualidades para que o proxecto sexa asumible en prazos e economicamente viable. En concreto, proponse que nos orzamentos para 2017 se incorporen as partidas necesarias para avanzar nos proxectos construtivos desta liña ferroviaria.

 

UN ANTES E UN DESPOIS

 

Julia Rodríguez manifestou que a finalización da conexión de Galicia coa Meseta en alta velocidade ferroviaria “marcará un antes e un despois na mobilidade en Galicia”, xa que permitirá unha conexión en pouco máis de dúas horas desde Ourense a Madrid.

 

Porén, a deputada popular indicou que “a apertura ao tráfico do eixo atlántico ferroviario evidencia unha diferenza comparativa de servizos entre Lugo e o resto de capitais de provincia galegas, que non se compensa coas melloras xa acometidas”.

 

Diante desta situación que suporá a conexión de alta velocidade coa Meseta, Rodríguez considerou “prioritario impulsar e garantir unhas comunicacións ferroviarias de calidade para Lugo, que garantan o equilibrio territorial entre a costa e o interior de Galicia, pero tamén de Lugo en relación ao resto das capitais de provincia”.

 

“Esta proposta impulsada polo Grupo Popular reivindica a modernización da liña Lugo-Monforte-Ourense, para dotar aos cidadáns de Lugo de mellores prestacións e servizos ferroviarios, de maneira que, conectados cos servizos de alta velocidade, os tempos de viaxe entre Lugo e Madrid se sitúen no entorno de tres horas”, concretou.

 

A deputada popular lembrou que “o empeño do actual Goberno galego, encabezado polo seu Presidente Alberto Núñez Feijóo, para a execución do AVE a Galicia non sempre contou coa consideración da oposición”. En concreto, dixo que “o BNG tense amosado contrario á alta velocidade e mesmo ten reclamado que a Xunta abandone a súa complicidade con estes deseños; mentres que A Marea non o levaba no seu programa e mesmo teñen proposto a paralización das obras do tren de alta velocidade”.

Síguenos nas redes sociais