O PPdeG cualifica de "regularización inédita no sistema tributario español a resposta á problemática dos pensionistas retornados

03 Mar 2017

Santiago, 3 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular José González Vázquez asegurou hoxe que a resposta dada polo Goberno central á problemática das pensións de emigrantes retornados en España “foi unha regularización inédita no sistema tributario español”, que conlevou a condonación de sancións, recargos e intereses de demora. Así mesmo, acusou á oposición de pretender dar un trato diferente a pensionistas españois respecto dos emigrantes retornados, xa que os primeiros tributan no imposto da renda das persoas físicas sen ningún tipo de réxime específico.

González Vázquez lembrou que o Goberno central “atendeu as especiais circunstancias que caracterizan aos perceptores de pensións estranxeiras” a través dunha disposición adicional lexislativa que concedía un período no que non se esixían recargas, intereses nin sancións a quen regularizou voluntariamente a súa situación entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2015.

 

“Deste xeito, existiu un período extraordinario para regularizar estas pensións percibidas do estranxeiro por residentes en España e, unha vez rematado este proceso, aplícase a estas persoas a normativa xeral tributaria como a calquera contribuínte”, sinalou.

Síguenos nas redes sociais