O Grupo Popular pide á oposición que "deixe de enredar" coa reorganización escolar porque "en ningún caso se van a pechar centros ou unidades escolares"

29 Jun 2017

Santiago, 28 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique demandou hoxe aos grupos da oposición que “deixen de enredar” coa reorganización escolar que a Consellería de Educación vai levar adiante o vindeiro curso nos concellos de As Pontes, Ribadavia, Porriño e Outes, porque “en ningún caso se vai pechar ningún centro nin unidade escolar, mantendo aos alumnos escolarizados nas súas propias poboacións”.


Teresa Egerique subliñou que esta decisión responde a “unha planificación realizada pola Consellería tendo en conta criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable de recursos, respectando en todos os casos os rateos máximos permitidos de alumno por aula”.


IES CERCA DUN CPI


En concreto, a deputada explicou que a Consellería vai acometer unha reorganización escolar de cara ao vindeiro curso que unicamente pasa por escolarizar ao alumnado de secundaria de tres centros públicos integrados (CPI) en institutos de educación secundaria (IES). “Nos casos de As Pontes, Ribadavia e O Porriño dase as circunstancias de que existe un IES preto dun CPI e ese IES ten capacidade e dispoñibilidade para acomodar aos alumnos procedentes do CPI”, engadiu.


“Como xa se avanzou desde a propia Consellería, non están previstos outros traslados de aulas de secundaria de CPI a institutos, pero se os houbera estarían vinculados a estes dous requisitos, que agora mesmo se dan nestes centros mencionados, pero non noutros existentes en Galicia”, manifestou.

 
Egerique subliñou que “esta reorganización escolar que se realiza nalgúns concellos, que practicamente se reduce a modificacións de carácter administrativo, ten o único obxectivo de mellorar a calidade educativa para o alumnado e a atención á diversidade”.

Síguenos nas redes sociais