Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento insta á xunta a continuar impulsando a constitución e mellora das mesas locais contra a violencia de xénero

30 Jun 2017

Santiago, 29 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda á Xunta que continúe desenvolvendo iniciativas dirixidas ás entidades locais para a constitución e mellora do funcionamento das mesas locais de coordinación interinstitucionais contra a violencia de xénero.


A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, sinalou que “o obxectivo xeral das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero é promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións para a erradicación desta lacra social”.


BENEFICIOS A DISTINTOS NIVEIS


En concreto, indicou que “tratarán de mellorar a detección precoz dos casos, optimizar a coordinación dos axentes implicados e ofrecerlles unha atención e unha resposta áxil ás vítimas, ao tempo que se mellora a protección nos casos que presenten alto risco e informan e sensibilizan na materia tanto a profesionais como á sociedade”.


Marián García explicou que “o funcionamento destas mesas xera beneficios a distintos niveis e en todos eles a coordinación e a colaboración son as premisas fundamentais para unha atención máis áxil, eficiente e eficaz ás mulleres que ven vulnerados os seus dereitos por mor da violencia de xénero”.


Deste xeito, a portavoz popular asegurou que “os beneficios destas mesas non son só para as mulleres, senón para as entidades implicadas e para a sociedade no seu conxunto”.

Síguenos nas redes sociais