Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo avanza que “o PPdeG seguirá cumprindo os seus compromisos, como fixo nestes nove meses de lexislatura: dito e feito”

29 Jul 2017

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo presidiu este sábado a Xunta Directiva na que tanto o partido como o Goberno demostraron que “fixeron os deberes”, e reivindicou que seguirá cumprindo os seus compromisos, como nos primeiros nove meses de lexislatura.  Así, Feijóo subliñou que  “ningún galego pode negar que hai un Goberno que goberna e un Goberno que cumpre a súa palabra” e garantiu que “dentro dun ano Galicia estará mellor do que está hoxe”.

Na súa intervención, o presidente lembrou que hai un ano tamén reunira ao máximo órgano entre congresos do PPdeG para afrontar “un reto que parecía imposible de acadar: que os galegos nos concedesen unha maioría estable, unha maioría excepcional”. Unha vez logrado, os populares cumpriron a súa palabra de poñerse a traballar desde o primeiro minuto do mandato.

“Queda moito camiño por diante, pero hoxe Galicia non ten nada que envexar ao que sucede noutras comunidades”, recalcou, para contrapoñer a “seguridade” da nosa Comunidade fronte ás “incertezas” doutras autonomías. 

ACOMPAÑAR A GALICIA

Sobre este punto, Feijóo reivindicou que os populares “acompañan a Galicia” nos logros conseguidos nos primeiros compases da súa terceira lexislatura á fronte do Executivo autonómico, como son a redución “sólida e constante” do paro, que leva caendo máis de tres anos; un novo récord de exportacións; o crecemento da industria por riba da media española; ou a recuperación do sector servizos e do comercio polo miúdo.

Neste sentido, o presidente quixo poñer en valor a proposta de Lei de Implantación Empresarial presentada esta mesma semana polos populares, que busca que a burocracia non sexa un obstáculo para que Galicia poida seguir crecendo.

Incidindo neste argumento, destacou a necesidade de que as institucións non poñan trabas innecesarias, senón que favorezan aos proxectos viables. “Non debemos crer que a Administración é o oposto á actividade económica, senón ser conscientes de que para  repartir os froitos do crecemento entre os cidadáns é necesario que haxa crecemento”, insistiu.

Ademais dos logros económicos, lembrou recentes avances en materia educativa como a expansión do plurilingüismo e a educación dixital ou a conxelación das taxas universitarias; e en servizos sociais como a extensión da tarxeta benvida, as sete futuras residencias de maiores ou a ampliación e modernización dos hospitais. Nas súas verbas “cumprimos; dito e feito”.

UN PSOE “IMPREVISIBLE E IRRECOÑECIBLE

O líder dos populares galegos quixo comparar a situación que vive a Comunidade coa das cidades nas que gobernan as Mareas de Podemos. “Nós definímonos polo que facemos, mentres eles se definen polo que non fan”, resumiu, e salientou que “estes meses de lexislatura autonómica foron moito máis produtivos que os máis de dous anos de parálise dalgúns concellos de Galicia e comunidades de España”.

Deste xeito, tamén culpou da mala xestión deste tempo ao PSOE de Pedro Sánchez, xa que entende que parece ter como único interese o de “reducir o seu partido” a ser unha caricatura de Podemos e cre que “na súa obsesión por construír un partido á súa imaxe e semellanza, Sánchez está convertendo o PSOE nun partido imprevisible e irrelevante”. “Lamentablemente o PSdeG vai ser o que queira Pedro Sánchez, e iso non é bo para Galicia nin para o propio Partido Socialista”, concluíu.

Síguenos nas redes sociais