Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular insta á oposición a remitir os seus representantes para que o Observatorio Galego de Dinamización Demgráfica se constitúa canto antes

14 Ago 2017

Santiago, 14  de agosto de 2017.- A vicevoceira do Grupo Popular Marta Rodríguez Arias instou hoxe aos grupos da oposición que aínda non o fixeron a remitir os seus representantes para proceder o antes posible á celebración da sesión constitutiva do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica.Marta Rodríguez recordou que a Xunta modificou o Decreto que regula o Observatorio recentemente para incorporar aos grupos políticos e facelo “máis participativo e plural” e nese sentido indicou que o pasado 20 de Xullo remitiu un escrito aos Grupos Parlamentarios solicitándolles as súas proposta “e BNG e En Marea aínda non as remitiron”.

 


Para a vicevoceira popular “abordar os retos demográficos require dun consenso político e dun compromiso e visión de país que posibilite o establecemento de medidas estables a medio e longo prazo”. Neste senso, resaltou a importancia do Observatorio no obxectivo de analizar as dinámicas demográficas e estudar as consecuencias das accións desenvolvidas nese ámbito na nosa Comunidade.


“A Xunta está esperando as propostas e é importante non demorar a posta en marcha do Observatorio por eso pedimos aos partidos que se preocupen polos problemas reais de Galicia e a busca de solucións reais “ indicou a vivevoceira popular.


ACTUACIÓNS DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

Marta Rodríguez Arias recordou que en abril do 2013 aprobouse no Parlamento o 1º Plan de Dinamización Demográfica de Galicia e coa súa posta en marcha “a Xunta situou a cuestión demográfica entre as súas prioridades”.


Entre as distintas actuacións neste ámbito a voceira de Asuntos Sociais  destacou a aprobación, en xuño do 2013 da Estratexia de Prevención da Dependencia, orientada a xestionar a atención ás necesidades derivadas do envellecemento da poboación; a Estratexia de Inclusión Social de Galicia, en decembro do 2014, que aborda as consecuencias do cambio demográfico como factor a ter en conta na análise da pobreza e exclusión social; ou o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 que inclúe a recuperación demográfica como un principio transversal da actuación da Xunta.


Así mesmo a Xunta creou a principios do 2015 unha Dirección Xeral con competencias específicas  para a dinamización demográfica e estableceu un Programa de Apoio á Natalidade que inclúe medidas como a Tarxeta Benvida, prazas escolares infantís, Bono Coidado, Bono Concilia, Casas niño no Rural, escolas infantís nos polígonos industriais.
Marta Rodríguez Arias destacou o incremento de recursos para as familias e a infancia, así no 2017 destínanse 123 millóns de euros a este fin, un incremento de 10 millóns de euros en relación ao 2016 “ e un incremento do 126% en relación ao 2009” e máis prazas públicas en escolas infantís, con 22.316 prazas Galicia supera en 4 puntos a cobertura recomendada pola UE do 33%.

Síguenos nas redes sociais