Puy sitúa a consolidación do crecemento económico que estamos a vivir como o gran reto no comezo do novo período de sesións

28 Ago 2017

Santiago,  28 de agosto de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, situóu hoxe a consolidación do crecemento económico que estamos a vivir como o gran reto no comezo do novo período de sesións. “Abordamos con tranquilidade o novo período pola estabilidade política e pola boa evolución da economía galega que entendemos que ten que ver coa boa xestión do Goberno do PP” afirmou o portavoz popular.


Pedro Puy recordou deste xeito os últimos datos do IGE “que indican que a economía galega colleu forzas no 2º trimestre e temos que seguir traballando nesa liña e mellorando os servizos públicos, que teñen unha alta compoñente redistributiva e social como se está a facer, por exemplo, na mellora administrativa do servizo sanitario”.


Destacou a nivel parlamentario a celebración do debate sobre o Estado da Autonomía, a un ano da celebración das eleccións autonómicas e a elaboración dos orzamentos para o 2018 “despois da aprobación do teito de gasto, cun incremento de 490 millóns de euros  sobre o orzamento do 2017 e un crecemento do 2,7 por cento sobre o gasto real unha vez que o presuposto de 2017  tamen foi incementado pola boa marcha da recadación”.


Pedro Puy tamén destacou a continuidade na tramitación do proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía e a lei de implantación empresarial, texto este último que “trata de dar unha resposta a unha nova situación de crecemento económico e de  incremento nas inversións no norte de Portugal en comparación con Galicia”.


O voceiro popular tamén destacou a confianza en que temas relevantes para Galicia se resolvan satisfactoriamente, como as negociacións que se poden abrir unha vez presentado o informe de expertos sobre financiamento autonómico. “E estamos convencidos de que no ámbito autonómico teremos que pronunciarnos sobre a complicada situación da política nacional en relación co reto independentista catalá”.


 
INTERPARLAMENTARIA PP  


Noutra orde de cousas, o voceiro popular sinalou que para finais da presente semana participará na Interparlamentaria que o PP celebrará en Valencia a través dunha mesa redonda que debaterá sobre a cuestión demográfica “no que a experiencia galega resultará de moito interese”.

Síguenos nas redes sociais