Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Pedro Puy: “Temos que atacar e resolver o problema demográfico non só con axudas públicas senón tamén desde a unidade e a concienciación da súa gravidade”

01 Sep 2017

Santiago,  1 de setembro  de 2017.-  O voceiro popular no Parlamento de Galicia, Pedro Puy, indicou hoxe na súa intervención na Mesa sobre “O PP fronte ao reto demográfico” na XXII Interparlamentaria que o  PP está a celebrar en Valencia , que o problema demográfico é preciso atacalo e resolvelo “como estamos facendo, non só con axudas públicas, senón tamén desde a unidade e a concienciación da súa gravidade”.


Pedro Puy agradeceu a sensibilidade do PP por introducir o tema demográfico xa que “o primeiro é ter consciencia do problema, como fixemos en Galicia,  para tratar de buscar solucións e facelo desde unha perspectiva global, xa que non se trata dun problema específico dun territorio”. Así, indicou, desde o PP “promovemos un foro de rexións a nivel español, un pacto demográfico, unha Comisionada do Goberno para o Reto Demográfico e unha red de dinamización de rexións europeas e macroeurorrexión, xunto con Portugal, amosando que se trata dun tema dunha absoluta prioridade”.


O voceiro popular sinalou que “a taxa de fertilidade en España é do 1,33, do 1,59 de media na Unión Europea e de 1,07 en Galicia, o que amosa que estamos entre as comunidades con menor natalidade e peor progresión demográfico”. Puy destacou que “a nosa preocupación  tamén radica en que a demografía é por si mesma un factor de crecemento e desenrolo económico e se engadimos o envellecemento e o incremento dos costes sociais, temos un cóctel complicado que conlevará problemas de sostenibilidade nos servizos públicos e na xestión con eficiencia”. 


Na súa intervención, Pedro Puy  recordou que nunha enquisa, realizada pola Xunta de Galicia no ano 2011, xa se destacaba que tan só o 18% dos galegos consideraban a demografía coma un problema “pero temos que ser conscientes de que nos anos 80 nacían 40.000 persoas e hoxe o fan 20.000, e se engadimos os movementos migratorios dos anos 60 e os fluxos contraditorios dos xovenes que emigraron polo boom inmobiliario e que teñen retornado, enténdese que en Galicia a situación demográfica é tremenda”.


PRIORIDADE PARA A XUNTA


O voceiro popular indicou na súa intervención que o Goberno do PP  na  Xunta de Galicia, consciente do problema dende o primeiro momento, situou a cuestión demográfica entre as súas prioridades. Deste xeito “as persoas que desexan ter fillos teñen o apoio da Administración autonómica que está a traballar no apoio e axudas ao retorno de emigrantes, sobre todo de Venezuela pola situación que está a vivir o país, e introducindo axudas fiscais no IRPF que se foron ampliando conforme a situación financeira mellorou”.
Así mesmo, destacou as axudas para material e comedores escolares, a Tarxeta Benvida ou  axudas económicas ás familias e a conciliación como as prazas nas escolas públicas infantís, que no 2009 eran o 21%, mentres a Unión Europea recomenda o 33%, e en Galicia na actualidade conta co 38%, así como medidas de conciliación na Administración pública.

Síguenos nas redes sociais