Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O GPP apoia demandar ao goberno central que regule a relación comercial entre editoras, distribuidoras e vendedores de prensa escrita

22 Sep 2017

Santiago, 21 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central para que regule a relación comercial entre empresas editoras, empresas distribuidoras e vendedores de prensa escrita e revistas, co obxectivo de evitar a conflitividade derivada do abuso de posicións de dominio e prácticas de tipo monopolista que se producen no sector.


A deputada popular Cristina Romero manifestou que “a distribución de prensa é un tema que sempre ten dado lugar a problemas dende o punto de vista de defensa da competencia” e puntualizou que “o modelo vixente, baseado en distribuidores exclusivos, da lugar a múltiples abusos fronte aos que é difícil loitar, porque a distribución exclusiva non está prohibida”.


CADA VEZ MENOS


Así mesmo, a deputada popular considerou necesario “volver a introducir a figura do abuso de dependencia económica na Lei de Defensa da Competencia”. “A Comisión Nacional da Defensa e da Competencia ten aberto grupos de estudo para propor reformas desta lei e consideramos que desde a Comisión  Galega da Competencia debe darse a batalla neste sentido”.

Síguenos nas redes sociais