Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG critica que a oposición pretenda beneficiar aos emigrantes retornados que non tributaron polas súas pensións en detrimento dos que si o fixeron ou dos propios pensionistas españois

22 Sep 2017

Santiago, 22 de setembro de 2017.- O portavoz de Facenda do Grupo Popular, José González Vázquez, criticou hoxe que a oposición pretenda “beneficiar aos emigrantes retornados que non tributaron polas súas pensións, en detrimento doutros pensionistas retornados que si tributaron e dos propios pensionistas españois, aos que xa se lles practican as correspondentes retencións”.


José González defendeu no Parlamento a necesidade de que as persoas que perciben pensións do estranxeiro como emigrantes retornados “tributen por estes ingresos, xa que do contrario estaríamos prexudicando aos pensionistas españois que xa teñen retencións no momento de cobro das súas xubilacións”.


PERÍODO DE REGULARIZACIÓN


Na súa intervención, o portavoz popular lembrou que o Goberno central habilitou en 2015 un período de regularización extraordinario das pensións dos emigrantes retornados, que foi desde o 1 de xaneiro ao 30 de xuño.


Nesta regularización “na que en  ningún caso se puxo en dúbida a obriga de tributar polas pensións estranxeiras, deuse a posibilidade de solventar as súas débedas con Facenda sen ningún tipo de sanción, recargo ou interese de demora; solución á que se acolleron máis de 20.700 contribuíntes galegos que regularizaron a súa situación en Galicia e ingresaron máis de 45 millóns de euros”.


BORRÓN E CONTA NOVA


“Fíxose a partir dese momento borrón e conta nova, debendo asumir todos os emigrantes retornados a súa obriga de pagar o imposto nas mesmas condicións que os pensionistas españois”, explicou José González.


En relación coas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recentemente coñecidas, clarexou que “se trata de supostos específicos de pensións procedentes de Alemaña e anteriores ao 1 de xaneiro de 2013”. “No resto dos casos, os emigrantes retornados teñen que cumprir coas súas obrigas fiscais no Estado español por ser este o país da súa residencia”, apuntou.

Síguenos nas redes sociais