O PPdeG apoia demandar ao Goberno central o incremento de frecuencias e horario no eixo atlántico ferroviario

03 Oct 2017

Santiago, 3 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde a aprobación no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central o incremento de frecuencias e horarios do eixo atlántico ferroviario A Coruña-Vigo, atendendo as demandas e as necesidades dos cidadáns.

 


O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, salientou que “o eixo atlántico ten experimentado desde a súa posta en marcha en 2015 un importante incremento de usuarios, que avala a boa acollida que ten o servizo por parte dos cidadáns”.

 


SERVIZOS ACEPTABLES

 


“Porén, e a pesar de que se trata dunha competencia estatal, desde o Goberno galego seguirase a traballar para que se ofreza o mellor servizo aos cidadáns, solicitando a Renfe que se continúe coa mellora dos servizos ao ritmo que as demandas e as necesidades dos cidadáns o requiran”, engadiu.

 


Neste sentido, lembrou que o Goberno central aprobou o pasado 1 de setembro o incremento 20 por cento de prazas de venres a domingo para reforzar os movementos de estudantes

 


Martín Fernández explicou que na actualidade existen 29 servizos ao día entre A Coruña e Santiago, así como entre 18 e 20 de  Vigo a Santiago, “unha cifra que podemos considerar aceptable pero que se pode mellorar coa adecuación de horarios deses trens ou nas frecuencias”.

Síguenos nas redes sociais