Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG avanza a previsión de que o centro de atención diúrna na residencia de maiores de Oleiros estea rematado en xuño

29 Nov 2017

Santiago, 29 de novembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Soraya Salorio avanzou hoxe a previsión de que o centro de atención diúrna da residencia asistida de maiores de Oleiros estea rematado para o mes de xuño do vindeiro ano 2018. Unha vez rematado o acondicionamento deste centro, procederase ao arranxo de chans da residencia por fases, co obxectivo de non pechar listas nin evacuar residentes cunha situación de especial vulnerabilidade.

 

Soraya Salorio destacou que a Xunta de Galicia leva investidos na residencia asistida de maiores de Oleiros máis de 800.000 euros na reforma da enfermería, a construción dunha nova cafetería, o arranxo do patio principal, a creación dunha área de deambulación terapéutica, a dotación dunha sala de fisioterapia a renovación da lavandería ou a mellora da área de descanso dos traballadores.

 

EN LICITACIÓN

“Na actualidade, atópase en licitación a construción do centro de atención diúrna na segunda planta da residencia, que estará rematada no mes de xuño de 2018, e á que seguirá o mellora dos chans da residencia por un importe aproximado de dous millóns de euros”, apuntou Salorio.

 

Respecto do persoal que atende esta residencia, a deputada popular indicou que supera en máis de 60 efectivos o persoal mínimo esixido pola normativa. Ademais, afirmou que “a organización do centro posúe un sistema de gardas rotatorias do departamento médico e presenciais de efermeiros que garante a atención sanitaria continuada as 24 horas do día os 365 días do ano”.

Síguenos nas redes sociais