Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular amosa o “firme compromiso” da Xunta coa construción do novo centro de saúde de Melide

29 Nov 2017

Santiago, 29 de novembro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, amosou hoxe “o firme compromiso” da Xunta de Galicia coa construción do novo centro de saúde en Melide “en canto se solucionen os trámites urbanísticos pendentes” respecto da parcela na que se localizará este novo edificio.

 

Aurelio Núñez sinalou que “estamos absolutamente de acordo coa necesidade de construción deste novo centro de saúde en Melide”, recoñecendo que o actual centro “ten un problema de tamaño: é pequeno para as necesidades asistenciais e incluso para a realización de actividades da carteira de servizos coa que conta ese concello”.

 

PARTIDA ORZAMENTARIA

Respecto da situación actual, o portavoz popular explicou que “a parcela para o novo centro de saúde aínda non foi transferida polo Concello de Melide ao Servizo Galego de Saúde ao estar pendente de trámites urbanísticos” e garantiu que, “aínda que nos orzamentos para 2018 non figura unha partida nominativa para a construción deste centro, existe o firme compromiso por parte do Sergas para levalo a cabo en canto se solucionen estes problemas coa parcela”.

 

O novo centro de saúde de Melide contará con cinco consultas de medicina familiar; cinco de enfermería; unha de pediatría; unha de enfermería pediátrica; unha sala de toma de mostras; unha consulta de farmacia; unha consulta de matrona; unha sala de educación sanitaria, consulta de odontoloxía e outra de hixienista dental; dúas consultas de fisioterapia e ximnasio; dóus despachos para os responsables do centro e un despacho de asistente social.

 

Así mesmo, na área de urxencias o plan funcional contempla unha recepción, unha sala de reanimación-observación, unha consulta de medicina e outra de enfermería, aseos, vestiarios, salas de espera, tres dormitorios e sala de estar de persoal.

Síguenos nas redes sociais