O Parlamento insta á Xunta a estudar a creación dun centro de referencia para a rehabilitación de persoas con dano cerebral adquirido

29 Nov 2017

Santiago, 29 de novembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a estudar, nos primeiros meses de 2018, a creación en Galicia dun centro público de referencia para a rehabilitación de persoas con dano cerebral adquirido.

 

A deputada popular Encarna Amigo manifestou que “coa rede asistencial da que dispón a Consellería de Sanidade, complementada cos recursos da Consellería de Política Social, pódese dar ás persoas que teñen ictus unha resposta ás súas necesidades”.

 

“Porén, o interese da Consellería de Sanidade é ir mellorando a calidade e seguridade das prestacións sanitarias que ofrece o Servizo Galego de Saúde, polo que existe a intención de desenvolver nos próximos meses un programa integral de rehabilitación que dea continuidade ao Plan de atención ao ictus en Galicia”, apuntou.

Síguenos nas redes sociais