Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG demanada a En Marea,PSOE e BNG que publiquen no portal de transparencia das institucións onde gobernan os acordos acadados e o seu grao de cumprimento

26 Mar 2018

Santiago, 23 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, demandou hoxe a En Marea, PSOE e BNG que sigan o exemplo da Xunta nos concellos e deputacións nos que gobernan publicando no seu portal de transparencia os acordos acadados e o seu grao de cumprimento.

 

 


Paula Prado subliñou que o Goberno galego “publica desde hai anos no seu portal de transparencia unha listaxe cos acordos acadados neste Parlamento, tanto nas sesións plenarias como nas diferentes comisións, con información expresa do departamento competente de impulsar ou darlles cumprimento”. Ademais, esta información é actualizada periodicamente cada tres meses.

 


XA SE ESTÁ CUMPRINDO

 


Deste xeito, o Grupo Popular votou a favor dunha iniciativa do BNG sobre a publicación da execución destes acordos no portal de transparencia da Xunta “porque a Xunta xa o está a facer e o informe está publicado e a disposición de todos os galegos”. “É a primeira vez na historia de Galicia e do resto das comunidades autónomas españolas que se publica un informe sobre o cumprimento dos acordos  parlamentarios”, indicou.

 

 


“A transparencia reforza a calidade democrática, pois é evidente a crecente esixencia cidadá de control público da actividade das institucións”, dixo a viceportavoz popular, quen puntualizou que esta transparencia “debe ser de todas as institucións, polo que exerciten a transparencia alí onde gobernan En Marea, PSOE e BNG”.

 

Síguenos nas redes sociais