Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular retira do debate da Comisión 5ª a súa PNL sobre o control da diabetes logo do acordo acadado onte no Consello Interterritorial de Sanidade

26 Abr 2018

Santiago, 26 de abril de 2018.- O Grupo Popular decidiu hoxe retirar a proposición non de lei que se ía debater na Comisión 5ª desta tarde sobre a avaliación e a definición das características da poboación que se pode beneficiar das novas tecnoloxías de control da diabetes, logo de que o Consello Interterritorial de Sanidade celebrado onte en Madrid acordara o financiamento do sistema FLASH de monitorización de glucosa, procedendo a poñer en marcha de xeito inmediato o estudo de monitorización acordado en nenos e nenas entre 4 e 17 anos que requiran múltiples doses de insulina e máis de seis controis de glucemia diaria.

 

Para a realización deste estudo, o Ministerio de Sanidade contará coa colaborarán das comunidades autónomas que proporcionarán información sobre o consumo dos sensores no seu ámbito territorial e o resultado da avaliación.

 

Deste xeito, o Grupo Popular considera que xa se atenden todas as medidas que se demandaban na súa proposición non de lei, polo que se decidiu retirala na orde do día e amosar a súa satisfacción polo acordo acadado no Consello Interterritorial.

 

Síguenos nas redes sociais