Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular apoia demandar á Xunta que dote do persoal necesario e amplíe o centro de saúde de Pazos de Borbén

26 Abr 2018

Santiago, 26 de abril de 2018.- O Grupo Popular apoiou esta tarde no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a dotar do persoal necesario ao centro de saúde de Pazos de Borbén para poder atender de xeito eficaz a demanda da poboación e a realizar as obras de reforma e ampliación necesarias neste centro, “unha actuación xa prevista polo Servizo Galego de Saúde coa unión da antiga Casa do Médico”.

 

A deputada Encarna Amigo manifestou que “non podemos rexeitar algo que xa está previsto que o Sergas leve adiante a través do plan funcional de reforma previsto, unha vez que o centro de saúde de Pazos de Borbén sexa transferido á Administración galega”. “Ademais, detrás está o traballo dun alcalde e dunha corporación municipal que loitaron para que esta mellora do centro de saúde sexa unha realidade”, sinalou.

 

PERSOAL AXEITADO

Coas obras de ampliación previstas, este centro de saúde incorporará a antiga Casa do Médico para crear unha nova consulta médica, unha nova consulta de enfermería, almacén e aseos. Nesta actuación tamén está previsto o cambio de xanelas, limpeza da fachada exterior, arranxo da cuberta e melloras na accesibilidade.

 

Encarna Amigo explicou que o centro de saúde de Pazos de Borbén conta con un médico de familia, unha enfermeira e unha pediatra que pasa consulta dous días á semana e un auxiliar administrativo. “Deste xeito, ten unha dotación de persoal axeitada á poboación que atende, garantindo unha correcta calidade asistencial co apoio próximo do punto de atención continua de Redondela”, apuntou.

Síguenos nas redes sociais