Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Pedro Puy pide á oposición que diga se apoia actuacións que vulneraron o exercicio libre do voto con coaccións e ameazas na folga da Xustiza

30 Abr 2018

Santiago, 30 de abril de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, apelou hoxe aos grupos da oposición a pronunciarse sobre os feitos acontecidos o pasado venres durante as votacións dos funcionarios da Administración de Xustiza sobre a continuidade da folga e dicir “se apoian actuacións que vulneran o exercicio libre do voto con coaccións e ameazas, ou se consideran, coma nós, que son absolutamente condenables ou lamentables”.

 

 


En primeiro lugar, Pedro Puy expresou, en nome de todo o Grupo Parlamentario Popular, “o noso máis sentido pesar á familia e amigos do Presidente de Novas Xeracións de Pontevedra, Pablo Carollo Ramos”, polo seu falecemento o pasado sábado.

 


PERPLEXOS

 


Respecto da situación dos traballadores da Xustiza en Galicia, Puy afirmou que “os últimos acontecementos durante a xornada de votación para a continuidade ou non da folga nos teñen deixado perplexos” e lembrou que os propios representantes sindicais teñen denunciado “ameazas e actuacións violentas que terían levado en calquera outro proceso de votación a actuacións xudiciais e á suspensión da votación”.

 


Deste xeito, considerou “lamentable que se produzan estes feitos en calquera tipo de elección”, polo que dixo que “sería bo que a oposición, que se ten pronunciado en tantas ocasións sobre este tema, se pronunciara sobre se apoia este tipo de actuacións que vulneran o exercicio libre do voto”.

 


O portavoz popular apuntou que “sería acaído que se puxese fin a unha folga que ten un custo demasiado elevado para moitas persoas e, en xeral, para o conxunto da poboación”. Neste sentido, lembrou que “hai un acordo cos sindicatos que representan á maioría ampla da representación dos traballadores nas negociacións coa Xunta”. “Estamos nun momento no que o que procede é que se firme o acordo entre a Administración e os representantes sindicais que consideran que a oferta da Xunta cumpre as demandas mínimas solicitadas”, sinalou.

 


A ECONOMÍA GALEGA RECUPÉRASE

 


Cuestionado sobre a celebración do 1º de Maio, Pedro Puy salientou que “a economía galega estase a recuperar e se está a trasladar ao emprego”. A modo de exemplo, referiuse ao indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica coñecido hoxe e que reflexa un crecemento interanual do 3,8 por cento da economía galega no mes de febreiro, unha décima máis que no mes anterior.

 


“A situación só se pode resolver xerando crecemento”, asegurou o portavoz popular, quen afirmou respectar “o que digan as organizacións sindicais, pero nestes momentos o que menos precisa a economía galega e española é conflitividade, porque podería prexudicar ao crecemento e á creación de emprego”.

Síguenos nas redes sociais