Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento demanda iniciar o estudo para a progresiva declaración como BIC dos entroidos galegos

03 May 2018

Santiago, 3 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta que inicie a realización do estudo sobre as características senlleiras dos entroidos tradicionais de Galicia, co obxectivo de proceder posteriormente á súa declaración progresiva como ben de interese cultural.

 


O deputado popular Carlos Gómez Salgado afirmou que “o conxunto das celebracións do entroido galego ten un inequívoco valor patrimonial ao estar artellado por todos os elementos de conexión entre festa, cultura e patrimonio, encadrándose claramente dentro da figura de patrimonio cultural inmaterial, recollida en todos os marcos xurídicos patrimoniais de orde mundial, europeo, estatal, autonómico e mesmo local”.

 


PATRIMONIO COMÚN

 


“Deste xeito, o entroido galego é sentido como un patrimonio común, e de seu, polo conxunto da poboación, acentuándose nas ultimas décadas o respecto e fidelidade a esta secular tradición, polo sentimento valorativo de aquelo que a conceptúa como un ben cultural”, manifestou.

 


Así mesmo, Gómez Salgado sinalou que “estas festas están fondamente enraizadas na historia de Galicia, con características culturais orixinais, nun entorno especifico social e identitario, o que converte aos entroidos tradicionais nun elemento singular e digno da protección que a consideración como ben de interese cultural proporciona a aqueles elementos do chamado patrimonio inmaterial ou intanxible”.

 


Por este motivo, o deputado popular considerou “necesario impulsar medidas de protección e preservación, labores de estudo e documentación, e iniciativas a prol da posta en valor e da pervivencia desta manifestación cultural que garantan a súa transmisión ás xeracións futuras”.

Síguenos nas redes sociais