Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento demanda á Xunta impulsar un programa formativo para directivos sobre as oportunidades e vantaxes da transformación dixital

29 May 2018

Santiago, 29 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar un programa formativo específico para concienciar a directivos e empresarios sobre as oportunidades e as vantaxes competitivas asociadas á transformación dixital.

 

O portavoz de Novas Tecnoloxías, Moisés Blanco, lembrou que “un recente estudo sobre as oportunidades 4.0, elaborado pola Xunta en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga), pon de manifesto que entre as barreiras percibidas polas empresas industriais para avanzar na dixitalización está o descoñecemento das novas tecnoloxías e do impacto que as mesmas teñen no seu negocio, así como a falta de recursos humanos capacitados para sacar partido das novas oportunidades”.

 

NOVOS ESFORZOS

Neste sentido, sinalou que a Xunta está a impulsar, especialmente a través do IGAPE, de GAIN e da Secretaría Xeral de Emprego, accións formativas destinadas a avanzar na capacitación de técnicos, cadros intermedios e directivos empresariais, “desde o convencemento de que o capital humano é un elemento clave para avanzar na modernización das empresas e, sobre todo, no necesario proceso de transformación dixital do tecido empresarial”.

 

“Porén, consideramos que cómpre facer novos esforzos neste ámbito e por iso estanse a realizar programas piloto de apoio ao desenvolvemento de competencias profesionais para transformar empresas”, sinalou o portavoz popular. Ata agora, estes programas facilitaron a formación dun centenar de persoas e permitiron validar modelos de formación de persoas, equipos, metodoloxías de organización e innovación, e tecnoloxía.

 

Moisés Blanco manifestou que “a posta en marcha dun novo programa formativo será un paso máis no proceso de formación dos novos perfís profesionais e na necesaria transformación dixital das empresas galegas e os seus directivos”.

Síguenos nas redes sociais