Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular incide na necesaria e inaprazable revisión do modelo de financiamento local e na reforma da Lei de facendas locais

31 May 2018

Santiago, 31 de maio de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, incidiu hoxe no Parlamento que “resulta necesario e inaprazable a revisión do modelo de financiamento local e a reforma da Lei de facendas locais, mediante a que se garanta a autonomía e suficiencia financeira dos concellos”. Neste sentido, considerou “importante racionalizar o financiamento local reducindo o  número de liñas de axuda destinadas aos concellos, simplificando as cargas administrativas que leva implícita a súa obtención, atendendo as necesidades reais existentes e reforzando a autonomía local”.

 

Paula Prado lembrou que “Galicia xa conta cun instrumento de financiamento estable das entidades locais, o Fondo de Cooperación Local, co que a nosa comunidade autónoma foi pioneira en fixar un modelo de participación estable dos concellos nos tributos autonómicos”. Este fondo establece unha garantía de mínimos a través da que se garante a contía establecida en 2011 e que non se pode baixar en ningún ano, ao que se suma un fondo adicional vinculado á evolución dos ingresos da Comunidade galega. “Esta situación foi aprobada por un Goberno do Partido Popular co obxectivo de garantir o financiamento estable dos concellos”, indicou.

 

ESTUDO PORMENORIZADO

Respecto da revisión do modelo de financiamento das corporacións locais, a viceportavoz popular indicou que “o Goberno galego xa adquiriu o compromiso de realizar un estudo pormenorizando sobre o futuro das relacións financeiras entre a Xunta e as entidades locais, unha vez que se clarifiquen os sistemas de financiamento autonómico e local e exista certeza dos recursos cos que va a contar cada administración para desenvolver a súas competencias”.

 

“Este estudo debe realizarse con cautela, xa que a incorporación no Fondo de Cooperación Local das axudas ás entidades locais pode xerar problemas na definición das subvencións que se incorporan, as actuacións que son competencia dos concellos ou no carácter condicionado dos fondos que financian algunha das partidas integradoras das liñas de axudas da administración autonómica”, indicou.

Síguenos nas redes sociais