Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta que Sanidade e Concello de Noia están a valorar a necesidade dun novo centro de saúde ou reformar o existente

27 Jun 2018

Santiago, 27 de xuño de 2018.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo salientou hoxe que “a Consellería de Sanidade e o Concello de Noia están a valorar a necesidade de facer un novo centro de saúde ou reformar o existente” para mellorar a asistencia sanitaria que reciben os veciños desta localidade e da comarca.

Así mesmo, Encarna Amigo lembrou que as xerencias de xestión integrada das áreas provinciais realizan regulamente unha avaliación e mantemento continuo dos centros de saúde. Deste xeito, na actualidade está en fase de adxudicación unha nova sala de radioloxía para o centro de saúde de Noia.

Síguenos nas redes sociais