Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Pedro Puy sinala que a perspectiva de continuidade no crecemento económico galego é a mellor maneira de reducir as desigualdades e reforzar o compromiso social

13 Ago 2018
Santiago, 13 de agosto de 2018. O voceiro do Grupo Popular, Pedro Puy, relatou hoxe en rolda de prensa que as perspectivas de continuidade no crecemento económico en Galicia, sinalado por distintas prospeccións e análises recentes, é a mellor maneira de reducir as desigualdades e reforzar e manter o compromiso actual no gasto social. Sinalou que neste gasto, e as súas compoñentes sanitaria, educativa e o propiamente social, Galicia está por riba doutras comunidades, segundo se fixo público recentemente.
 

 

O voceiro popular sinalou que o inicio do próximo período de sesións estará marcado, non só polo traballo pendente de aprobación do ditame da Comisión de política forestal, senón polas circunstancias económico-financeiras como son o feito de non terse aprobado o teito de gasto e o incidente a consecuencia da comunicación do Consello de política fiscal e financeira de entregas a contas ás Comunidades autónomas por aplicación do sistema de financiación autonómica e a súa  problemática co IVE.
 
 

 

Así mesmo relatou que tamén estará marcado coa senda de déficit o que o Goberno do Estado quere darlle máis marxe, ampliando obxectivos de déficit para o ano e permitindo as CCAA endebedarse máis. Ante isto, Pedro Puy manifestou a súa sorpresa  “despois de que levan anos criticándoo agora os socialistas dín que hai que endebedarse máis nun momento de boa marcha da economía”.
 
 

 

O voceiro popular sinalou que o problema do IVE xurdíu a consecuencia dunha decisión do cambio no sistema de información que trae ventaxas, como perseguir mellor a fraude e que as empresas reciban as devolucións antes, pero que como consecuencia se perde un mes. Esta situación “ten unha solución sinxela e é unha reivindicación xusta á que se adheriron a meirande parte das CCAA” indicou Pedro Puy.
 

 

 

 CRECEMENTO ECONÓMICO
 
 

 

Pedro Puy sinalou que “en liñas xerais estamos satisfeitos pero seguimos sendo ambiciosos no que respecta a que a economía galega siga medrando”. Nese sentido fixo referencia a diversas prospeccións e análises feitas públicas recentemente e “que nos fan abordar os debates financeiros con optimismo”.
 

 

 

Deste xeito, o voceiro popular sinalou que o BBVA Research ten feito unha previsión para Galicia referida ao ano 2018 dun crecemento do 3,2 (3 décimas máis que España) e para o ano 2019 de 2,8 (mentres que para España é do 2,5). Así mesmo, o Airef sinala un crecemento de 2,9 para Galicia e de 2,7 para o resto de España e Ceprede fala tamén dun 2,9 mentres que para España de 2,8.
 
 


Así mesmo, resaltou que o IGE, no seu informe do primeiro tremestre do 2018, fala do mellor arranque de ano da historia deste organismo, cun incremento do PIB nominal do 3,7% e do internanual do 3,1%.Falan tamén de crecemento equilibrado os estudos feitos públicos pola Afundación cun crecemento do 2,7% e 2,9% .

 

 

Todo esto se traduce, segundo o voceiro popular, nunha boa evolución do emprego, superando o millón de afiliados á Seguridade Social e o desemprego se está a reducir en Galicia 1,30 puntos por debaixo de España e en especial o femenino que é un 1,85% menos intenso que no resto do país.
 
 


Unha perspectiva de continuidade no crecemento económico que  implica unha continuidade na  creación de emprego e mellora dos salarios así como a mellor forma de reducir as desigualdades e reforzar o gasto social.

Síguenos nas redes sociais