Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Paula Prado: “Cada día que pasa a elocuencia do alcalde Abel Caballero enmudece máis”

20 Ago 2018
Santiago, 20  de agosto de 2018. Para a vicevoceira do Grupo Popular “cada día que pasa a elocuencia do alcalde Abel Caballero enmudece máis e non pode ser que o político esté mudo no asunto no que máis ten que dicir e máis explicacións ten que dar” indicou referíndose ao suceso que tivo lugar no festival de O Marisquiño, en Vigo, o pasado día 12 de agosto.
 

 

“Consideramos que para estar coas vítimas non hai que ir sacar unha foto na noite da traxedia ao lugar do suceso senón facilitarlles toda a documentación e informes que precisan para poder facer as súas reclamacións” indicou Paula Prado quen asegurou que “desde o PPdeG queremos protexer aos galegos e galegas da ineficacia e do ti vai facendo do alcalde de Vigo”.
 
 

 

“Non imos consentir que o alcalde de Vigo escurra a súa responsabilidade nun suceso no que puido haber vítimas mortais, acabouse eso de botarlle a culpa sempre a outros, Abel Caballero ten a posibilidade de ensinar os informes que avalan que a licencia municipal se otorgou en condicións de absoluta legalidade e que se cumpriron todas as esixencias en materia de seguridade” indicou a vicevoceira popular.
 
 

 

Nese sentido, Paula Prado anunciou que o Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a que se esclareza o ocorrido e na que se pide á Xunta que se dirixa ás administracións competentes para que fagan pública toda a documentación pertinente e os informes en virtude dos cales se deu autorización á celebración do concerto.
 

 

 

“Hai moitas preguntas sen resposta e a Alcaldía de Vigo debería ensinar os papeis e informes que despexarían todas as dúbidas” indicou Paula Prado, engadindo que “as vítimas queren respostas e nos imos acompañalas no esclarecemento dos feitos e faremos todo o posible para que isto sexa unha realidade”.
 
 


“Non haberá plan de comunicación, nin Aló Alcalde, nin Dinoseto, nin piano de cola, nin subvencións que tapen a irresponsabilidade na que ten incurrido o alcalde Abel Caballero no suceso, que non foi un mero espectador do festival senón a man executora da autorización dun evento que non contaba coas condicións de seguridade esixibles” indicou Paula Prado para a que “o populismo ten un límite, e o límite neste caso é a responsabilidade na xestión da seguridade das persoas”

Síguenos nas redes sociais