Paula Prado demanda ao Concello de Teo que aproben un novo PXOM para impedir definitivamente a instalación de plantas de residuos

27 Sep 2018
Santiago, 27 de setembro de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, manifestou hoxe no Parlamento que “os representantes das Mareas de Podemos e do PSOE no goberno municipal de Teo teñen nas súas mans a posibilidade de impedir definitivamente a instalación de calquera planta de residuos neste concello aprobando o plan xeral de ordenación municipal”, e lamentou que “desde que o alcalde e a concelleira de Urbanismo anunciaron a súa revisión en febreiro de 2016, levamos tres anos perdidos porque non fixeron nada”.
 
 

 

Paula Prado demandou a socialistas e En Marea que “non xeren falsas expectativas aos veciños afirmando que a modificación da Lei do solo ou do plan de xestión de residuos industriais de Galicia van impedir a instalación a planta de residuos en Casalonga, porque o proxecto presentado tanto no Concello de Teo como na Xunta rexeríase pola lexislación vixente e non se podería aplicar retroactivamente a nova lei”.
 
 

 

“Os responsables municipais de En Marea e PSOE teñen na súa man pechar a porta de entrada a Teo de calquera planta de residuos: aprobando o plan xeral que prohiba esas actividades ou tamén promovendo unha modificación puntual do PXOM para todo o concello que prohiba determinadas actividades, co que xa se poderían suspender licenzas desde a aprobación inicial”, concretou.
 
 
 

 

A viceportavoz popular asegurou que “nós esixiremos e estaremos moi vixiantes de que a Xunta cumpra escrupulosamente a normativa, como xa o fixo ata agora cumprindo e pechando o expediente da planta de xestión de residuos industriais logo de oito meses de espera a que o Concello emitira o informe de incompatibilidade urbanística”.
 
 
 


Neste sentido, lembrou que o Grupo Popular avoga porque se modifique a normativa de xeito que este tipo de instalacións de residuos garden unha distancia mínima cos núcleos de poboación.

Síguenos nas redes sociais