O Plan de traballo da comisión de investigación do Marisquiño incorpora 32 comparecencias e 28 solicitudes de documentación

31 Oct 2018

Santiago, 31 de outubro de 2018.- A Comisión de Investigación sobre o accidente do Festival do Marisquiño en Vigo aprobou hoxe, sen votos en contra, o seu plan de traballo, que incorpora un total de 32 comparecencias, das que 26 figuraban nas propostas da oposición; e 28 solicitudes de documentación, das que 17 estaban nos plans de traballo da oposición.

O deputado popular Alberto Pazos salientou que “o noso obxectivo é que esta comisión de investigación permita determinar as responsabilidades do accidente do Marisquiño, extraendo as conclusións oportunas para que esta situación non se volva repetir no futuro”.

 

PLAN DE TRABALLO ENRIQUECIDO

Alberto Pazos sinalou que “a nosa proposta de plan de traballo viuse enriquecida finalmente con aportacións realizadas polos grupos de En Marea e BNG, xa que o plan de traballo definitivo recolle máis do 80 por cento das comparecencias solicitadas por estes grupos da oposición e máis do 60 por cento da documentación que requirían”.

 

Na súa intervención, Pazos lamentou a renuncia do Grupo Socialista a participar nesta Comisión de Investigación, “que se suma á negativa do goberno socialista no Concello de Vigo a investigar e facilitar documentación relativa ao accidente do Marisquiño”. “En definitiva, os socialistas galegos renuncian a defender a actuación dos seus representantes públicos nesta comisión”, sinalou.

Síguenos nas redes sociais