Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

A Comisión de investigación da sanidade pública aproba o plan de traballo con 26 comparecencias e 21 solicitudes de documentación

31 Oct 2018

Santiago, 30 de outubro de 2018.- A Comisión de Investigación sobre a sanidade pública galega aprobou hoxe o seu plan de traballo, no que se inclúen 26 comparecencias e a solicitude de 21 documentos. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, criticou que os grupos da oposición rexeitaran a negociación do plan de traballo, privando deste xeito que a comisión contara coa participación de 20 comparecentes propostos nos seus plans de traballo e que desde o PPdeG ofrecemos incorporar”.

Aurelio Núñez afirmou que no Grupo Popular “imos seguir traballando con este plan de traballo, que abarca todas as áreas da sanidade pública galega e que inclúe comparecencias que van desde o Presidente da Xunta, ata os conselleiros de Facenda e Sanidade; responsables do Sergas, da atención primaria e especializada galega; asociacións de pacientes; expertos e pacientes afectados de hepatite C; ou responsables sanitarios relacionados co suceso do PAC de A Estrada”.

 

Pese a que o Grupo Popular se ofreceu a votar de xeito separado a incorporación de 20 comparecentes e máis de 60 documentos propostos pola oposición ao plan de traballo da comisión de investigación, ningún grupo aceptou esa votación por separado. Deste xeito, e dado este veto de todos os grupos da oposición, só foi posible a votación do plan de traballo orixinal rexistrado polo Grupo Popular.

 

“A irresponsabilidade amosada polos grupos da oposición privou de que nesta comisión compareceran 20 persoas propostas polos grupos da oposición, entre as que se atopaban o representante da Plataforma galega de afectados pola hepatite C, o coordinador do Centro de Saúde de A Estrada, o portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Galiza-SOS Sanidade Pública, o psicólogo Miguel Anxo García Álvarez; representantes dos sindicatos CIG-SAÚDE, CC.OO, CEMS-OMEGA e SATSE; o presidente do Consello Galego de Colexios Médicos; o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía; o presidente de Ahosgal; ou o presidente de Agefec”, sinalou.

 

O portavoz popular lamentou, ademais, que os grupos da oposición decidiran marchar da votación do plan de traballo, “unha cuestión agravada no caso dos socialistas que sumaban a espantada que fixeron esta mañá na comisión de investigación do accidente do Marisquiño”. “É algo surrealista que os mesmos que decidiron crear unha comisión de investigación sobre a situación da sanidade pública galega, sexan os que deciden ausentarse e deixar fora a unha parte dos comparecentes que propuxeron”, engadiu.

Síguenos nas redes sociais