Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Tellado pregunta se o PSdeG está cómodo tendo como aliado preferente en Concellos e Deputacións a un BNG socio de Bildu e Esquerra

30 Nov 2018

30, novembro, 2018.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, preguntouse esta mañá se os votantes do PSdeG poden estar cómodos con que o seu partido teña como socio preferente en Concellos e Deputacións a un BNG socio de Bildu e Esquerra. De igual xeito, cuestionou se os propios votantes do BNG están de acordo con que o Bloque se coaligue cos herdeiros de Batasuna e con outro cuxos líderes se enfrontan a penas de cárcere por intentar dar un golpe de Estado.

 

Así se expresaba logo de coñecerse esta semana o acordo que semella que vai pechar o BNG para concorrer conxuntamente ás vindeiras eleccións europeas con Bildu e con Esquerra, tendo como futurible cabeza de lista a Oriol Junqueras -procesado á espera de xuízo acusado de delitos moi graves como son a rebelión e a sedición-. “O BNG estanos dicindo claramente que, se chegase ao Goberno, o seu modelo de sociedade é o da antiga Batasuna ou o do independentismo catalán” subliñou.

 

O número dous do PPdeG admitiu que, de confirmarse isto, “estaríamos ante unha situación moi grave, ante unha mostra máis da deriva na que se ten instalado o nacionalismo galego en algo máis dunha década, cando pasou de pactar coas versións máis moderadas e autonomistas do PNV e de CIU a negociar unha candidatura coa cara máis radical do independentismo vasco e catalán”.

 

“Se desde o BNG están convencidos de que en Galicia queremos ou necesitamos importar o modelo de confrontación social e de inestabilidade institucional dos seus socios, desde o Partido Popular de Galicia podemos entender a súa caída libre e que en cada elección que pasa sigan perdendo a confianza dos galegos”, manifestou.

 

 

SENTIDIÑO, MODERACIÓN E SERIEDADE

Por outra banda, Miguel Tellado referiuse ao Comité de Dirección autonómico que celebrará esta tarde o seu partido, unha reunión que terá como obxectivos fundamentais facer balance da actividade realizada este ano e coordinar o calendario e a estratexia de cara aos meses que temos por diante.

 

Tras lembrar que desde o triunfo nas autonómicas de setembro de 2016 o PPdeG comezou a traballar sen descanso para as municipais de 2019, afirmou que a apenas 6 meses da cita coas urnas, os populares teñen “cada día máis claro que estamos na obriga de acertar e de ofrecerlle aos galegos 313 candidaturas que merezan a súa confianza porque é máis necesario ca nunca levar a todos os recunchos da nosa Comunidade o proxecto serio e centrado que hoxe en día só encarna o Partido Popular de Galicia”.

 

“Cun Partido Socialista que despreza a Galicia e ao que só lle preocupa que Pedro Sánchez poida seguir desfrutando do avión oficial, cunhas Mareas de Podemos que levan meses ocupados na súa loita interna e que seguen desangrándose en batallas que nada aportan aos galegos, e cun BNG cuxo único proxecto para Galicia é copiar ao independentismo vasco e catalán; reivindicar o sentidiño, a moderación e a seriedade na xestión é a mensaxe que Galicia merece e necesita”, concluíu.

Síguenos nas redes sociais