Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular critica que PSOE e BNG “estean máis por enredar que por coñecer a realidade que se vive no Hospital do Salnés”

28 Nov 2018
Santiago, 28 de novembro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, criticou hoxe que PSOE e BNG “estean máis por enredar que por coñecer a realidade que se vive no Hospital do Salnés, porque perderon unha magnífica oportunidade de debater co xerente deste centro hospitalario na comparecencia que realizou a pasada semana na Comisión de Investigación sobre a sanidade pública galega, que a oposición puxo en marcha pero da que irresponsablemente fuxiron”.
 
 

 

Aurelio Núñez lembrou algúns dos datos aportados polo xerente do Hospital do Salnés na comparecencia na Comisión de Investigación: se incrementaron as camas de 82 a 121; se investiron neste centro sanitario desde o ano 2012 cerca de 9 millóns de euros, dos que case dous millóns se destinaron á apertura da terceira planta en 2010; renovouse e mellorouse o servizo de urxencias; incrementáronse de 3 a 5 o número de quirófanos, xunto coa renovación de toda a área cirúrxica; creouse un novo hospital de día con 10 postos; incrementouse o persoal nun 33 por cento e procedeuse á estabilización de 42 profesionais.
 
 

 

“En conxunto, nos últimos dez anos incrementáronse un 22 por cento os ingresos, un 9 por cento as urxencias, un 44 por cento as cirurxías e un 104 por cento a cirurxía maior ambulatoria”, subliñou o portavoz popular. Así mesmo, apuntou que “a demora para unha primeira consulta en 2017 é de 38,6 días, oito menos que a media do SERGAS; e a espera para cirurxía foi de 39,8 días, a segunda mellor dos hospitais de Galicia”.
 
 

 

MÁIS DO 10% DE CAMAS DE HOSPITALIZACIÓN DISPOÑIBLES
 
 

 

Respecto da solicitude de apertura da totalidade da terceira planta do Hospital do Salnés durante todo o ano, o portavoz popular explicou que “a porcentaxe media de ocupación das dúas plantas nos meses de outubro e novembro foi do 72,4 e do 73 por cento, respectivamente”. Así mesmo, indicou que “a media de camas de hospitalización dispoñibles durante as mesmas datas foi do 12,2 e do 10,6 por cento”.
 
 

 

“Estas son as realidades que os grupos da oposición non quixeron debater ou rebater durante a comparecencia do xerente do Hospital na Comisión de Investigación, posiblemente pola falta de argumentos certos para sustentar os seus datos irreais sobre o funcionamento deste centro sanitario”, dixo.
 
 
 


Núñez Centeno manifestou que “compartimos coa xerencia do Hospital do Salnés que o desenvolvemento da actividade asistencial debe basearse nos principios de eficacia no cumprimento dos obxectivos e na eficiencia na asignación dos recursos, así como na calidade da asistencia”.

Síguenos nas redes sociais