Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta que a Xunta estea a actuar na práctica totalidade da estrada PO-308 no concello de Poio

29 Nov 2018
Santiago, 29 de novembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe que a Xunta está a actuar na práctica totalidade do tramo da estrada PO-308 ao seu paso polo concello de Poio, “polo que resulta incongruente que os socialistas galegos veñan agora ao Parlamento demandando actuacións nesta estrada, na que a Xunta leva volcada por completo desde hai varios anos na mellora da súa seguridade”.
 

 

Jacobo Moreira criticou que os socialistas “obvien o esforzo que vén realizando o Goberno galego na mellora da seguridade viaria da PO-308, priorizando actuacións con criterios obxectivos como os recollidos no Plan de sendas de Galicia e a identificación de treitos de concentración de accidentes”.
 
 

 

ACTUACIÓNS CONCRETAS
 
 

 

En concreto, apuntou que, no marco do Plan de Sendas, a estrada PO-308 suma 18 quilómetros de novo percorrido, dos que tres se atopan no concello de Poio. Así, os tramos Fontenla-Combarro e Combarro-Chancelas-Samieira, de catro quilómetros e cun investimento previsto de 800.000 euros, se atopa nestes momentos en trámite de información pública; mentres que o treito Covelo-Raxó atópase en execución cun investimento superior aos dous millóns de euros.
 
 

 

“Ademais, como actuación complementaria e de execución simultánea á senda Covelo-Raxó, a Xunta adxudicou o pasado 7 de novembro, por máis de 1,2 millóns de euros, a mellora de seguridade viaria no entorno do tramo de concentración de accidentes comprendido entre os puntos quilométricos 8,700 e 12,700 da estrada PO-308, en concreto entre a intersección coa rúa de acceso ao peirao do Covelo e o miradoiro de Granxa nos concellos de Poio e Sanxenxo”, engadiu Jacobo Moreira.
 
 


O deputado popular criticou, ademais, que os socialistas “carguen sobre a Xunta a responsabilidade no retraso da execución das obras do viario de conexión entre a PO-531 e a PO-310 en O Vao, cando o Concello de Poio aínda non solucionou o problema social de infravivenda que alí existe”. “Non entendemos que o PSOE propoña unha vía alternativa á PO-308 para transformar esta estrada nunha travesía urbana que facilite a convivencia dos veciños a costa de deixar sen solución de aloxamento a outras familias”, indicou.

Síguenos nas redes sociais