Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento galego demanda ao Goberno do Estado que finalice a normativa que da unha solución ás embarcacións de recursos específicos

30 Nov 2018
Santiago, 30 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno do Estado que continúe cos trámites necesarios para finalizar as modificacións normativas precisas, conforme á negociación mantida, de cara a darlle solución a problemática da potencia das embarcacións de recursos específicos, como percebe, navalla, algas, ourizo ou poliquetos.
 
 

 

A deputada popular Soraya Salorio lembrou que “o sector vén reclamando unha revisión da potencia dos motores das embarcacións pesqueiras dedicadas á labor extractiva de marisqueo ou recursos específicos para adaptarnos á realidade da actividade que realiza esta flota”.
 
 
 

 

AVANCE DAS NEGOCIACIÓNS
 
 
 

 

“A limitación da potencia pode constituír un problema de seguridade para escapar de zonas de faena sumamente perigosas, impedindo ademais poder extremar e garantir as medidas de seguridade vinculadas ao traballo que se desenvolve preto da costa”, indicou.
 

 

 

Soraya Salorio sinalou que a Consellería do Mar, en apoio ás reivindicacións realizadas polo sector, xa mantivo contactos coa Dirección Xeral da Mariña Mercante e tamén coa Secretaria Xeral de Pesca co obxectivo de buscar unha alternativa a estas embarcacións. “Nos últimos anos avanzouse nas negociacións para poñer en práctica unha solución, que pasaría pola posibilidade de realizar os cambios na cuarta lista para incorporar estas embarcacións”, explicou.
 
 


Deste xeito, a deputada popular considerou “necesario ultimar este tema co Ministerio de Pesca e o Ministerio de Fomento, como órganos competentes na inscrición das embarcacións nas listas de buques e en materia de navegación e seguridade, de xeito que se solucione unha situación de inestabilidade que afecta a máis de 500 embarcacións da flota galega”.

Síguenos nas redes sociais