Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular acusa ao BNG de intentar modificar a Lei de portos para coartar a xestión da Comunidade Autónoma a través dos concellos

04 Dic 2018
Santiago, 4 de decembro de 2018.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, criticou hoxe no Pleno do Parlamento que o BNG “intente modificar a Lei de portos de Galicia co fin de coartar a xestión portuaria da Comunidade Autónoma a través dos concellos, subvertendo o réxime estatutario e constitucional de distribución de competencias entre a administración autonómica e a local.
 
 

 

Teresa Egerique sinalou que a proposición de lei do BNG debatida esta mañá no Pleno “en nada beneficia á xestión portuaria, nin garante a seguridade xurídica dos traballadores do mar”. “Todo son incógnitas e poucas respostas dos nacionalistas, máis alá de facer política partidista con algo moi serio como é a seguridade xurídica da xente que traballa nos portos”, indicou.
 
 

 

INTEGRACIÓN DOS PORTOS
 
 

 

En canto á integración dos espazos portuarios en zonas urbanas, Egerique lembrou que o Grupo Popular presentou unha proposta de resolución no último Debate sobre o Estado da Autonomía, votada en contra polo BNG, a través da que se insta á Xunta a avanzar na redefinición da relación porto-vila/porto-cidade co impulso do grupo de traballo creado coa Fegamp. Neste sentido, asegurou que “esta é a liña que queremos desenvolver, tal e como se está traballando cos concellos galegos, porque entendemos que é prioritario pechar ese grupo de traballo e aplicar as súas conclusións por riba de plantexamentos partidistas como formula o BNG”.
 
 

 

Ademais, a portavoz popular subliñou que Portos de Galicia xa ten constituído desde o pasado mes de xullo a mesa de traballo coa Fegamp para valorar tecnicamente as peticións de desafectación realizadas polos concellos. Na última reunión, celebrada o pasado 27 de novembro, só 13 concellos galegos presentaron a correspondente solicitude.
 

 


Teresa Egerique engadiu que “a prohibición de pesca e de baño en augas interiores dos portos obedece a razóns de seguridade do tráfico marítimo e a razóns ambientais. “A lei de portos galega é máis proporcionada en comparación coa estatal ou a existente noutras comunidades autónomas, xa que contempla a posibilidade de que, en función das esixencias de seguridade, explotación e condicións medioambientais de cada porto, se poida autorizar expresamente o baño ou a pesca”, explicou.

Síguenos nas redes sociais