Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG asegura que a normativa actual e o planeamento urbanístico son máis que suficientes para evitar a instalación de plantas de residuos

04 Dic 2018
Santiago, 4 de decembro de 2018.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, asegurou hoxe no Parlamento que “a normativa actual e o planeamento urbanístico son máis que suficientes para evitar a instalación de plantas de residuos nos concellos”.
 
Neste sentido, afirmou que “a Xunta está actuando con rigor xurídico e responsabilidade na tramitación destas iniciativas”, e pediu á oposición que “actúen con responsabilidade, non alarmen á poboación de xeito innecesario e partidista, e non fagan propostas para camuflar a súa desidia e incompetencia”.
 
 

 

Gonzalo Trenor manifestou que, na tramitación de proxectos para a construción de plantas de residuos, “o Goberno galego guíase sempre polo estrito cumprimento da legalidade en materia ambiental, facéndoo en todos os casos coas máximas garantías de transparencia e participación pública”.
 
 

 

CONCEPCIÓN ESPECIAL DA ADMINISTRACIÓN
 
 

 

Deste xeito, manifestou que os grupos da oposición “queren que a administración prevarique e que actúe de forma arbitraria”. “Teñen unha concepción da administración un pouco especial, na que os técnicos non están para cumprir a lei senón para cumprir a vontade das súas señorías”.
 
 


Respecto do proxecto previsto no lugar de Casalonga, no concello de Teo, Gonzalo Trenor lembrou que “foi arquivado no mes de setembro logo de que o Concello exercera as súas competencias urbanísticas e emitira un informe de compatibilidade urbanística desfavorable”. “Iso si, un informe que tiña que facerse nun mes, pero tardou oito meses nos que o Concello en vez de traballar dedicouse a alarmar aos veciños tendo a solución na súa man”, indicou.

Síguenos nas redes sociais