O Grupo Popular reitera que Galicia defenderá os seus intereses na PAC dentro do plan estratéxico de España

05 Dic 2018
Santiago, 4 de decembro de 2018.- O portavoz do Medio Rural, Moisés Blanco, incidiu hoxe que Galicia defenderá os seus intereses na Política Agraria Común dentro do plan estratéxico que presentará España.
 
 
“Estamos a xogarnos moito como para andar con liortas internas, cando o que cómpre é facer achegas para defender un gran plan nacional no que teñan cabida as peculiaridades de Galicia, e que poidamos facer valer o noso peso de quen é líder en produción láctea ou cárnica, con selo de calidade a nivel nacional”, manifestou.
 

 

 

Moisés Blanco lembrou que o Goberno galego asinou o pasado 22 de agosto un documento con representantes de asociacións profesionais agrarias e cooperativas no que se recollen cuestións como que a PAC debe seguir sendo unha política eminentemente común, baseada nos piares de axudas directas e desenvolvemento rural; establecer medidas que recoñezan as peculiaridades de cada territorio; ou a discriminación positiva para as zonas de montaña ou con limitacións naturais.
 
 

 

TRABALLAR XUNTOS
 

 

 

“Defendemos o actual marco constitucional, porque a elaboración dun único plan estratéxico do Estado contribúe a reforzar a postura de España no seu conxunto e, consecuentemente, tamén de Galicia, no contexto europeo”, indicou.
 
 


Neste sentido, o portavoz popular afirmou que “somos conscientes de que tanto BNG como as Mareas de Podemos van apoiar sempre calquera postura que poida debilitar ao Estado español”, polo que insistiu que “neste momento toca defender a España como estado membro da Unión Europea e traballar xuntos desde a máxima lealdade co ministerio e o resto de comunidades autónomas nun proceso que será longo e difícil”.

Síguenos nas redes sociais