Feijóo: “Cando hai un goberno frívolo os cidadáns deixan de confiar nas institucións”

15 Dic 2018

15, decembro, 2018.O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo,asegurou hoxe que, cando hai un goberno frívolo, os cidadáns deixan de confiar nas institucións. Por este motivo, animou a reconducir esta situación nos próximos comicios municipais.

 

Logo de salientar que no seu partido está a defensa da Constitución,está poñer en valor o que nos une e minimizar as diferenzas, que ten unha idea global de España, pero tamén unha propia de Galicia, e no que hai xestión e goberno; contrapuxo a situación de desconfianza institucional que se vive no conxunto do país coa estabilidade que hai na nosa Comunidade.

 

Nese senso, fixo fincapé en que a Galicia de hoxe é moito mellor que a que se atopou o Partido Popular cando chegou ao Goberno da Xunta no ano 2009. Así, destacou que na actualidade contamos cuns servizos públicos mellores que nunca, estamos mellor preparados para acabar coas desigualdades e para seguir reducindo o desemprego, e somos a Autonomía más solvente de España.

 

O PPDEGCONTRIBÚE AO PROGRESO

Ademais, o líder dos populares galegos aproveitou tamén para reivindicar o valor e a importancia do Partido Popular, por ser clave na transformación de Galicia, por saber conectar coa maioría dos galegos e por contribuír sempre ao progreso alí onde gobernou.

 

De cara as vindeiras eleccións municipais, Feijóo apelou á unidade e á ilusión para seguir traballando co listón máis alto, exercendo esta vocación de servizo con humildade, con coherencia, cos pés na terra, a carón dos veciños e sempre indo a favor: “A favor do concello, do progreso ou do benestare non na contra dos outros como principal obxectivo”.

 

UN PARTIDO UNIDO E PREPARADO PARA AMES

Durante a súa intervención na comida de Nadal do Partido Popular de Ames, o presidente tamén aseverou que hai un PP unido e preparado para que todas as decisións adoptadas sexan tamén importantes para este municipio e os seus veciños, explicando que se precisa unidade, un proxecto e ilusión renovada, algo que os populares están en disposición de poder ofrecer co candidato Ramón Argibay á cabeza.

 

De igual xeito, recoñeceu que se non foi boa a división no partido aínda é peor a división no Concello, indicando que se souberon superar eses problemas internos para ofrecer unha mellor opción aos amesáns, tamén saberán superar a actual fragmentación que hai no Concello. “Temos solucións para Ames e Ames ten solución: chámase Partido Popular e chámase Ramón Argibay”, engadiu.

 

Ademais, Feijóo fixo balance das actuación do Executivo autonómico neste Concello, lembrando que se acabou o Corredor que une Brión con Noia, rematouse a ponte sobre a ría, abríronse dúas escolas infantís e un novo instituto, e construíuse a maior potabilizadora que nunca tivo Ames, sen esquecer que o municipio pronto contará tamén cun novo centro de saúde.

Síguenos nas redes sociais