Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG salienta que Galicia será, a partir de 1 de xaneiro, a comunidade con menos carga de impostos para a compra de vivenda usada por mozos

19 Dic 2018
Santiago, 19 de decembro de 2018.- O deputado do  Grupo Popular Jaime Castiñeira asegurou hoxe no Parlamento que “Galicia será, a partir do vindeiro 1 de xaneiro, a comunidade autónoma con menos carga de impostos na compra de vivenda usada para os mozos menores de 36 anos”, logo das medidas impulsadas polo Goberno galego e que se recollen nos orzamentos da Xunta para 2019 aprobados no día de onte co voto en contra de todos os grupos da oposición.
 
 

 

En concreto, Castiñeira explicou que no imposto de transmisións patrimoniais o tipo xeral é do 10 por cento, pero para vivenda habitual rebaixase do 8 ao 7 por cento; e para mozos menores de 36 anos, familias numerosas e discapacitados se reduce do 4 ao 3 por cento. A adquisición de vivendas en zona rural está exenta do pago deste imposto.
 
 

 

Polo que respecta ao imposto por actos xurídicos documentados e a formalización da hipotecas, o deputado popular indicou que o tipo xeral queda fixado no 1,5 por cento, mentres que para vivenda habitual será do 1 por cento; para mozos menores de 36 anos, discapacitados e familias numerosas é do 0,5 por cento. Do mesmo xeito, as zonas rurais están exentas do pago deste tributo.
 

 


Jaime Castiñeira tamén se referiu ás axudas existentes na Comunidade galega para o acceso á vivenda por parte dos mozos e outros colectivos, tanto para o alugueiro, como para a adquisición ou adxudicación de vivendas de promoción pública.

Síguenos nas redes sociais